
A Presidenta de NNXX de Galicia, María Seoane, expresou o seu agradecemento polas donacións feitas tanto polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coma do Presidente do Partido Popular de España, Mariano Rajoy, así como da Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e dos conselleiros da Xunta de Galicia. Asemade, expresou unha especial gratitude a aqueles que coa súa participación contribuíron a obter os case 3.000 euros recadados, dos que, segundo indica, 1.300 euros foron conseguidos coa subasta da cea con Feijóo.
Os membros de Novas Xeracións mostráronse satisfeitos pola receptividade acadada con esta iniciativa e agora dedican todos os seus esforzos para facer chegar aos distintos centros de menores, e en colaboración con Cáritas e cos Reis Magos, os agasallos adquiridos cos beneficios obtidos na poxa.
Así mesmo, afirman que parte dese diñeiro conseguido se vai destinar tamén a proxectos infantís que leva a cabo a Cruz Roja.
Novas Xeracións lamenta que o PSOE, a través da súa deputada, Beatriz Sestayo, teñan tan pouca sensibilidade e cuestionen esta iniciativa que o único que pretende é axudar de xeito humilde e desinteresado na medida das limitadas posibilidades dunha asociación de mozos e mozas.
Poida ser que o que lle molesta a Beatriz Sestayo é o feito de que non se lle tivo ocurrido nin a ela nin á asociación xuvenil da formación política na que milita.
Para a Presidenta de Novas Xeracións calquera axuda en materia social é pouca e Sestayo debería sabelo polo que lle anima a recapacitar e a puxar na vindeira convocatoria.
Afortunadamente, o éxito da puxa demostra que persoas tan insolidarias como Sestayo quedan poucas.
Novas Xeracións espera que esta iniciativa poida ser continuada nos vindeiros anos.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.