Notas de prensa

Educación tramita as normas e convenios do novo Máster para o Profesorado

A Consellería de Educación ampliou o número de prazas do máster que substitúe ao CAP dende as 600 previstas ata as 740 actuais. O venres 18 de decembro celébrase unha mesa sectorial para aprobar os procedementos para acreditar os centros e titores do Practicum.

O novo Máster Universitario para o Profesorado, que ven a substituir ao antigo CAP, será un dos máis económicos deste tipo de estudos, cun custe de 1.155,60 euros, segundo o convenio de colaboración que asinaran a Consellería de Educación e as universidades galegas. En total serán 60 créditos, cun custe de 19,26 euros cada un deles. De estes 18 serán do Practicum, divididos en 12 para a realización das prácticas e 6 se obterán ao realizar o traballo de fin de master. Polo tanto queda de manifesto que as universidades están a obter, vía matrícula, ingresos dabondo para cubrir os gastos derivados das prácticas do máster.

Os convenios redactados pola Consellería, respecto destes estudos, están a piques de finalizar a súa tramitación, que permitirá que máis de setecentos alumnos poidan formarse para a docencia na ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Réxime Especial. Estes textos, un por cada universidade, xa están redactados dende hai máis de dúas semanas, e a pesar da falta da sinatura final, as universidades xa puideron comezar os trámites de matrícula en beneficio dos alumnos, do mesmo modo que xa se ven facendo co resto de estudos de master e graos.

Acordos coas universidades galegas

Educación recorda que os retrasos na sinatura dos convenios veñen derivados do feito de que a consellería, no seu ánimo de diálogo, non tomou unha decisión unilateral e os redactou atendendo ás suxestións das universidades. Entre estas se debe destacar o incremento das prazas finalmente ofertadas, xa que no protocolo asinado entre as tres universidades e o bipartito se contemplaba un total de 600 prazas mentres agora -grazas ao esforzo e apoio da actual Consellería de Educación- se ofertan 740 no SUG, distribuídas segundo especialidades e universidades tal e como propuxeron as tres universidades.

Entre os acordos acadados polas partes implicadas no convenio para a realización do prácticum deste máster, ademais de recoller o reparto das prazas segundo especialidades e universidades, recórdase que as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña asumiron que o plan de estudios previsto para o Máster se realizaría cos recursos propios, incluído o Prácticum, é dicir, a compensación aos Centros colaboradores para o desenvolvemento do mesmo, así como aos titores e coordinadores que participen no seu desenvolvemento.

En definitiva, tal e como queda reflectido nos acordos, son as universidades as que deben asumir que os colaboradores dos centros educativos no Prácticum forman parte dos recursos que necesitan para o desenvolvemento dun Máster cos requisitos establecidos na normativa vixente. A compensación das Universidades aos centros deberá estar en relación coa actividade prevista no plan de estudios para o Practicum, que é moi superior ao que se requiriu no CAP. Do contrario é posible que os centros educativos non queiran participar no desenvolvemento de dito punto. Isto foi advertido na última reunión mantida cos vicerreitores hai escasos días, dende a Consellería, onde a proposta de Educación foi dun pago de 100 euros por alumno titorizado, que non foi aceptado polos representantes das universidades.

Próxima mesa sectorial

A redacción definitiva dos convenios farase pública nos vindeiros días, pero mentres a Consellería recorda que as universidades poden aplicar as normas para que se poidan realizar as matrículas de cara ao comezo de curso que terá lugar o vindeiro mes de xaneiro. As últimas cuestións están a piques de se cerrar xa que a Consellería ten convocada, para o venres, unha reunión da Mesa Sectorial docente para analizar o proxecto de Orden pola que se establece o procedemento para acreditar centros e titores para o desenvolvemento do Prácticum correspondente ao MASTER de profesorado.

A Consellería toma nota das inquietudes xurdidas en torno aos derradeiros trámites do Máster e, debido as queixas que agora teñen desde as universidades, Educación comprometese a que dende agora cumprirá de modo escrupuloso cos tempos e formas en todos aqueles procedementos que supoñan o respecto de prazos previamente coñecidos, confiando no interese das Universidades polo ben do sistema universitario. Deste xeito todos poderán seguir traballando en conxunto polo beneficio dos estudantes sen terse que tomar decisións unilaterais dende a Consellería.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos científico, tecnolóxico, empresarial e das políticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas políticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das políticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Foto de la tercera plana (medio_ambiente.jpg) Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste período foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No período 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.

Notas

A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
O proxecto de investigación RESCLIM@TIEMPO que lideran a USC e a Universidade de Granada, no marco da colaboración permanente entre os grupos SEPA-interea da Universidade de Santiago e Eva-EASI da Universidade andaluza, organizan esta semana no Campus compostelán o I Congreso Internacional sobre Respostas Educativas e Sociais á Emerxencia Climática e VI Seminario Internacional RESCLIMA ‘Estamos a tempo? De que estamos a tempo?’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES