
Todos os valores que existen nas aldeas e nos pobos deste país teñen que seguir sendo exemplo para a nosa sociedade, por moi avanzada que estea, por moi global que resulte a nosa contemplación do contorno. Con estas palabras, a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, apelou á importancia de manter as tradicións durante a presentación do XXXVIII Nadal en Begonte, unha nova edición que ten como máis destacada manifestación o seu belén electrónico.
Raquel Arias aproveitou para reinvidicar o popular, o rural, o natural, destacando todos os valores que existen nas aldeas e nos pobos deste país, que teñen que seguir sendo exemplo para a nosa sociedade, por moi avanzada que estea, por moi global que resulte a nosa contemplación do contorno.
Neste sentido, a delegada sinalou que o belén de Begonte e todo o movemento cultural e social que hai arredor del é un gran exemplo vital para todos nós.
Raquel Arias será a pregoeira na apertura, o día 5 de decembro, do belén de Begonte. O pregón e un recital de panxoliñas da Coral Lugh da Asociación Xungalu -de funcionarios da Xunta de Galicia en Lugo-, abren un especial tempo cultural no que se desenvolverán os certames de xornalismo, poesía, debuxo infantil e o Certame Galego de Arte, todos eles convocados polo centro cultural José Domínguez Guizán.
Haberá ademáis o concerto Panxoliñas do Nadal, a exposición Imaxes do Nadal e unha mostra coas obras pictóricas presentadas ó Certame Galego de Arte, que se abrirán ó público primeiro en Begonte e logo en Lugo, na sala de arte do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. A tempada pecharase o 30 de xaneiro coa entrega de premios e a actuación da Coral Alborada de Viveiro, que ven de celebrar o seu primeiro cuarto de século.
Na presentación destas actividades participaron tamén o alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez García; o presidente do centro cultural, Jesús Domínguez Guizán; o artífice do belén, José Rodríguez Varela; o organizador da mostra Imaxes do Nadal, Eduardo Rodríguez Ochoa, e o vicepresidente do centro cultural begontino, Xulio Xiz.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.