
Do 20 ao 24 de febreiro Santiago converterase por segunda vez na capital gastronómica do Arco Atlántico. Algúns dos mellores cociñeiros do mundo, como Ferrán Adrià , Pierre Gagnaire ou Jacob Mielcke amosarán as súas artes culinarias no Recinto Feiral de Amio.
Organizado por Turismo de Santiago e Pep Palau, von Arend & Associats, o Fórum celebrará en Compostela a décimo primeira edición da súa historia, o que o converte no congreso de cociña decano de Europa. Contará, coma é habitual, coa presenza de destacadas figuras da cociña como Eneko Atxa (Euskadi), os irmáns Joan e Josep Roca (Cataluña), Pedro e Marcos Morán (Asturias), Pepe Solla (Galicia), Pierre Gagnaire (Francia), Ernst Knam (Milán), Jacob Mielcke (Dinamarca), Bernard Lahousse (Bélxica), Chakall (Portugal) e Ferran Adrià .
Tras o éxito obtido en 2008, con máis de 15.000 visitantes e 150 expositores, o Fórum estrea nova localización no Recinto Feiral de Amio, con 6.000m2 de espazo expositivo no que estarán presentes as mellores empresas do sector enogastronómico.
Acto de presentación
A Capela Real do Parador Hostal dos Reis Católicos foi o lugar elixido para a presentación, este mércores, do Fórum Gastronómico Santiago 2010, nunha gala que contou con máis de 200 asistentes. Os xornalistas Tomás Alonso e Inés Dopazo foron os encargados de presentar un acto no que se desvelaron as diferentes actividades e iniciativas que propón o vindeiro Fórum Santiago.
O primeiro en intervir foi o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, o nacionalista Xosé Manuel Iglesias, quen deu a benvida aos asistentes ao acto e falou da importancia para a cidade da celebración por segundo ano do Fórum Gastronómico en Santiago. A continuación tomaron a palabra a Pep Palau e Jaume von Arend, co-organizadores do Fórum, que entraron xa a desgranar as liñas básicas e o programa da vindeira edición deste congreso.
Tras a proxección dun vÃdeo promocional do evento interviñeron Xosé Cannas e Erundina Vázquez, destacados representantes da cociña galega, que estará moi presente no Fórum, tanto a través dos seus cociñeiros como a través dos seus produtos.
Seguidamente tiveron lugar as intervencións do presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey Carril, da directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Xunta de Galicia, Alejandra Ãlvarez de Mon, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo. O acto pechouse coa intervención do alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo.
Un programa para todos os gustos
Durante unha semana o Fórum albergará diferentes propostas gastronómicas, comezando cunha fin de semana adicada aos afeccionados á cociña, que poderán gozar dunha programación deseñada especialmente para eles.
Como novidade o sábado o Fórum trasládase á cidade, que acollerá nas súas rúas e prazas numerosas actividades como catas, o II Concurso de Pulpeiras, visitas guiadas temáticas, a exposición “Memorias da Cociña Galega” ou obradoiros “Merco e cociño con…” no Mercado de Abastos, que permitirán aos asistentes facer a compra con prestixiosos chefs e cociñar con eles.
Xa o domingo os amantes da gastronomÃa poderán percorrer o Recinto Feiral de Santiago e seguir gozando de actividades, incluÃdo o popular FórumNenos.
De luns a mércores desenvólvese o congreso profesional, que este ano dará máis protagonismo aos obradoiros onde destacados profesionais cociñan en directo as súas creacións ofrecendo ao final da sesión unha degustación aos asistentes. Celebraranse ata oito diarios, impulsando asà esta fórmula participativa e interactiva creada por Fórum Gastronómico. Ademais, o Auditorio do Fórum ofrecerá sesións máis curtas para complementar aos obradoiros, poñendo ao alcance de todos os relatores máis destacados.
Xunto a isto retornan os Diálogos sobre temas de actualidade e interese para o sector; o FórumViño, con catas e maridaxes; o FórumDoce, centrado na cociña de sobremesa; e o eFórum, coa celebración do III Encontro Europeo de Bloggers Gastronómicos.
O Fórum Santiago conta xa coa súa propia páxina web www.forumsantiago.com, na que se poderá consultar o programa e realizar a inscrición para o congreso. Ademais está presente nas redes sociais twitter e facebook, onde conta xa con máis de 700 seguidores.
O Fórum Gastronómico Santiago 2010 é un evento promovido polo Concello de Santiago, a Asociación HostalerÃa Compostela e a Cámara de Comercio, e organizado por Turismo de Santiago e Pep Palau, von Arend & Associats. Os seus patrocinadores institucionais son a ConsellerÃa do Medio Rural e a ConsellerÃa do Mar da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago. Como patrocinadores privados conta con Estrella Galicia, Cabreiroá, El Corte Inglés, Paradores, Rosareiro e Angelo Po.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.