Notas de prensa

A Pobreza Urbana en América Latina e Caribe, a debate en Santiago

O seminario Pobreza urbana en América Latina e Caribe debateu dúas xornadas no Hotel Meliá Araguaney as complexas relacións que se establecen entre pobreza, exclusión social, desigualdade e migracións.

O curso, que tivo que ampliar o número inicial de prazas ofertadas debido á elevada demanda foi organizado pola Cátedra Bolívar da USC e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

Expertos internacionais da talla de José Basso (Arxentina), Isidoro Hodara (Uruguay), Gabriel Mendoza (México), Viviana Togores (Cuba), Antonio Carlos Freddo (Brasil), Javier Peraza (Venezuela) e os españois Xosé Luís Barreiro Rivas, José Luis Quintela, Pilar Cagiao, Joan Ribot, Luis Caramés, Maite Cancelo e Ramón Domínguez expuxeron a situación da pobreza en América Latina desde unha perspectiva comparativa e multidisciplinar ante un concurrido e participativo auditorio.

Gabinete de Comunicación da Fundación Araguaney, 2009-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES