
Xogando co atletismo iniciou o programa de actividades lúdico-recreativas incluído na campaña de deporte en idade escolar Xogos Galegos Deportivos Escolares (XOGADE). Máis de 120 alumnos da comarca da Coruña déronse cita no Palacio de Deportes de Riazor, que foi escenario da estrea desta nova programación.
Entre os participantes destacou un nutrido grupo de alumnos de educación especial do centro da nosa Señora de Lourdes, que tamén tomou parte nas diferentes actividades que se levaron a cabo no horario escolar que é un dos principais valores das xornadas lúdico-recreativas dos Xogos Galegos Deportivos.
Os participantes tiveron oportunidade de tomar parte nas actividades de promoción do atletismo que promove a Federación Galega deste deporte, que colaborou na Xunta de Galicia no desarrolllo desta xornada que concluíu coa entrega de diplomas para todos.
Esa intención tradúcese na posta en marcha do programa, Xogos Galegos Deportivos Escolares (XOGADE) e no nacemento das actividades lúdicos-recreativas que achegarán aos colexios, dun xeito divertido, modalidades como natación sincronizada, bádminton, tríatlon ou o atletismo. Na aposta polo deporte escolar intégranse novas disciplinas como natación, natación sincronizada ou o fútbol na categoría benxamín e alevín, que serán aumentadas a próxima tempada con máis idades.
A entrada do fútbol no programa escolar foi a grande novidade do programa. Grazas a xestión da Xunta de Galicia máis de dez mil nenos no terán que abonar a mutualidade deportiva. Unha xestión que permite un aforro considerable. A próxima temporada entrarán na campaña a categoría infantil e cadete.
A inclusión de fútbol resume a nova filosofía do deporte escolar que tamén contará con novas disciplinas. Apostando por un deporte participativo e de goce recupéranse as competicións B coa finalidade de que os escolares poidan prolongar as súas actividades durante todo o curso porque é fundamental pór en valor os beneficios que xera a práctica da actividade física desde unha temperá idade.
Ademais neste curso recupérase a celebración da Olimpíada Escolar que ata o 2005 se levaba a cabo en Silleda e que nesta ocasión disputarase nunca cidade aínda sen determinar é que será a festa final dos Xogos Galegos Deportivos Escolares (XOGADE).
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.