Notas de prensa

O concello de Cospeito celebra a 21ª Feira do Porco de Ceba

A degustación dos productos e a entrega de premios aos mellores exemplares son as principais actividades da 21ª Feira do Porco de Ceba que se celebra o 28 de novembro en Cospeito.

A degustación dos productos e a entrega de premios aos mellores exemplares son as principais actividades da 21ª Feira do Porco de Ceba que se celebra o 28 de novembro en Cospeito. O programa comeza as 8:00 horas coa apertura do recinto feiral que acolle varios stands promocionais dos productos típicos do porco da ceba.

Un recinto que se abre as 11:00 da mañá, logo de que dean comezo as actividades deportivas complementarias no pabellón municipal de deportes. A xornada remata coa entrega de premios aos mellores exemplares e un sorteo dunha parexa de porquiños e máis dunha cesta de Nadal.

Os premios que se repartirán aos mellores exemplares están dotados cunha dotación económica de 180 euros para o gañador, 150 para o segundo clasificado, 120 para o terceiro e 90 para o que acade o 4º premio. Haberá outros catro premios dotados con 40 euros e un último premio de 30 euros. Todas as dotacións económicas corren a cargo de empresas da localidade.

O evento está promovido polo Concello de Cospeito e a Fundación Terra Chá.

Concello de Cospeito, 2009-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES