
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, comprometeuse a impulsar desde a ConsellerÃa un estudo que analice as posibilidades de accesibilidade á Muralla romana de Lugo para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.
Tras recibir no seu despacho ao portavoz da asociación Auxilia-Lugo, Aquilino González, o conselleiro amosou a súa sensibilidade co colectivo e manifestou que para a Xunta de Galicia procurar a accesibilidade a este elemento patrimonial “é unha necesidade e, por iso, imos traballar nesa liña con rigor e co máximo respecto ao Patrimonio da Humanidade”.
Neste sentido, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo analizará a vÃa de acceso máis axeitada entre as posibilidades coas que xa están a traballar os técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.