
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, pertencente á Axencia Galega de Emerxencias e a ConsellerÃa de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; contabilizou un total de 306incidencias provocadas polo fenómeno meteorolóxico adverso de vento en terra. A maior parte dos incidentes estiveron relacionados coa caÃda de árbores, tendido eléctrico e telefónico e obxectos desprendidos dende tellados, balcóns e fiestras, asà como o desprazamento do mobiliario urbano, sinais de tráfico e carteis publicitarios. A provincia da Coruña segue a ser unha das máis castigadas, seguida de Pontevedra, Lugo e Ourense.
Por provincias, na Coruña, vÃronse afectados os concellos de Arteixo, A Coruña, Cambre, Coristanco, Miño, Padrón, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Ordes, Betanzos, Laracha, Ordes, Oleiros, Fisterra, DumbrÃa, Boimorto, Santiago de Compostela, Ames, Val do Dubra, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ortigueira, Zas, Oroso, Lousame, As Pontes de GarcÃa RodrÃguez, Trazo, Carballo, Santa Comba, Brión, Cerceda, Laxe, Cee, Cerceda, Bergondo, Ferrol, Culleredo, Porto do Son, Teo, Arzúa, Tordoia, Abegondo e Sada.
En Pontevedra, realizáronse intervención nos concellos de Pontecesures, Fornelos de Montes, Silleda, Nigrán, VilagarcÃa de Arousa, Cangas, Vigo, Pontevedra, Valga, Moaña, Tomiño, Agolada, Catoira, O Porriño, Vila de Cruces , Barro, Salceda de Caselas, Tui, Poio, Ponte Caldelas, Crecente, LalÃn, A Guarda, Baiona, Vilanova de Arousa, Cambados, MarÃn, Castro Caldelas, Salvaterra de Miño, Caldas de Reis, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Mos e VilagarcÃa de Arousa.
Na provincia de Lugo, destacaron os incidentes xestionados en O Vicedo, Mondoñedo, Palas de Rei, Monterroso, Ribeira de PiquÃn, Pol, Lugo, AbadÃn e A Pastoriza, Foz. Por último, en Ourense, Ribadavia e a propia capital foron os únicos concellos onde se rexistraron incidencias.
Dispositivos de emerxencias
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxÃa adversa a todos os concellos da Comunidade, aos organismos provinciais, autonómicos e estatais, aos efectivos dos parques de bombeiros de toda Galicia e ás empresas que pola súa actividade poidan verse afectadas.
Igualmente, este departamento quere reiterar a importancia de adoptar as medidas de autoprotección, como evitar aproximarse a edificios en obras ou en estado ruinoso, xa que se poden desprender obxectos dende tellados, balcóns ou fiestras. Ademais, recoméndase, na medida do posible, limitar os desprazamentos e, no caso de realizárense, axeitar a velocidade ás condicións da vÃa, xa que se poden producir desprendementos de terra ou árbores. Por último, aconséllase informarse sobre o estado das estradas e consultar con frecuencia a páxina web do CAE 112 Galicia (www.112galicia.org), co fin de seguir a evolución dos fenómenos meteorolóxicos.
Incremento das medidas de seguridade
Por parte da ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, activáronse todas as medidas de alerta fronte aos posibles efectos do temporal nas infraestructuras da nosa comunidade. AsÃ, no que se refire á rede viaria, todos os servizos provinciais de estradas contan con brigadas preparadas para solventar incidencias na rede viaria. Augas de Galicia tamén dispón dunha rede de alerta co obxecto de abordar ou previr posibles situacións de desbordamentos de concas ou encoros.
Igualmente, cómpre destacar que toda a flota de baixura permañece amarrada nos portos. A Xunta está en permanente contacto coa Torre de Control MarÃtimo da Coruña para informar da evolución do temporal e dos seus efectos nas condicións do mar, asà como co Ministerio de Fomento, como órgano competente en materia de salvamento marÃtimo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.