Notas de prensa

Meteogalicia impulsa as escolas de meteoroloxía na Semana da Ciencia 2009

A actividade consiste nunha exposición na que se presentan conceptos relacionados coa climatoloxía, atmósfera e radiación solar, así como a descrición de áreas climáticas e fenómenos globais. Enmárcase na Semana da Ciencia 2009 que se celebra do 9 ao 22 de novembro en Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Meteo Galicia, pon en marcha unha serie de actividades de divulgación baixo o título Escolas de Meteoroloxía. Esta iniciativa educativa forma parte das actividades que se celebraran na Comunidade galega con motivo da Semana da Ciencia, coordinada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), entidade dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, que coordina o evento a nivel estatal.

A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade e que nesta edición se celebra entre os días 9 e 22 de novembro.

Así, baixo o título Escolas de meteoroloxía agrúpanse unha serie de actividades que potencian a labor divulgadora -iniciada xa hai 5 anos- por MeteoGalicia, fornecendo ademais de recursos e materiais para a rede de MeteoEscolas. Concretamente, traballase na elaboración dunha exposición didáctica sobre a meteoroloxía galega, que será enviada de xeito gratuíto aos centros que a soliciten e nunha colección de obradoiros que, baixo o título Faite meteorólogo! ampliarán os recursos da exposición. Esta última actividade está dirixida fundamentalmente aos cursos de 3º e 4º da ESO e aos alumnos de 1º e 2º de Bacherelato.

A exposición consta de 12 láminas (pósters) na que se lles presenta aos asistentes conceptos relacionados coa climatoloxía, atmósfera e radiación solar, así como a descrición de áreas climáticas e fenómenos globais (circulación atmosférica), coas estacións; as características climáticas, adaptacións sociais ao clima, sobre todo aquelas referencias relativas ao atlas climático de Galicia.

Outros dos temas nos que se afondan e a riqueza do vocabulario relacionado, refráns, lingua e influencia na xeografía humana (topónimos derivados do clima...); o concepto de paleoclimatoloxía e os cambios climáticos na historia; as presión e a temperatura, así como os aparellos de medida.

Na exposición tamén se presentan os tipos de precipitacións (granizo, auga, neve) e os termos relacionados coa humidade e co vento, os climogramas (anemómetros, pluviómetro e radiacion solar).

Dende Meteo Galicia tamén consideraron importarte divulgar e explicar a relación entre precipitacións e humidade (mecanismos de saturación e de enfriamento da masa de auga) ou o concepto de punto de rocío, así como a rede de estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia; e as tipoloxía, formación e características das nubes.

As persoas que se acerquen tamén poderán coñecer como se procede á lectura de mapas do tempo, isobaras, anticiclóns, borrascas, frentes fíos e cálidos e corrente en chorro. Na exposición tamén se presentan as estacións meteorolóxicas, satélites, boias, radares meteorolóxicos, radiosondas, diferentes medios e diferentes factores a medir para entender o tempo meteorolóxico, así como para comprender a natureza dos furacáns, tornados, tormentas, sequías extremas, ondas de calor, gota fría.

O novo portal educativo

Cómpre sinalar que este conxunto de actividades continuarán desenvolvéndose nos institutos de ensino secundario (IES) de toda Galicia ao longo do curso 2009-2010. Os IES interesados poderán contactar con MeteoGalicia para acceder aos contidos e materia de exposición e os obradoiros.

Nos próximos meses a páxina Web de Formación/Educación en MeteoGalicia cambiará para poder aloxar novas actividades destinadas aos máis cativos, aos nenos que finalizan primaria ou que comezan a ensinanza secundaria e o bacharelato.

Ademais proporanse actividades e unidades didácticas para os mais maiores e para o profesorado encamiñadas a mellorar o coñecemento sobre o clima e a meteoroloxía. Tamén se pode descargar un formulario de solicitude para que os CEIPs e IES soliciten a exposición ou unha visita as instalacións de MeteoGalicia. Por último, recursos para a web educativa do centro, incluíndo iniciar a presenza en redes sociais, actividades interactivas, cuestionarios didácticos autoexaminables, que irán pouco a pouco engadíndose ao novo portal educativo de MeteoGalicia.

Semana da Ciencia. Programa Diverciencia. 9-22 novembro de 2009
A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Durante os días de celebración, todo tipo de entidades públicas e privadas están invitadas a abrir as súas portas e organizar actividades coas que se pretende amosar aos cidadáns, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.

O obxectivo da Semana da Ciencia é activar o pensamento e provocar a curiosidade, así como divertir ao público sobre os temas relacionados co meteoroloxía. Na última edición arredor de 40 entidades públicas e privadas organizaron máis dun cento de actividades por toda Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, 2009-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES