
Alimentación, sociabilidade e vida cotiá na historia é o título do vixésimo primeiro volume da revista Semata que nesta ocasión coordinan os profesores Xavier Castro Pérez, Camilo Fernández Cortizo e José Mª Folgar de la Calle. O novo número presentouse este xoves na Facultade de Xeografía e Historia.
Dende os anos 30 do pasado século, de que datan os primeiros estudos históricos que teñen como obxectivo as estruturas do cotián, a vida cotiá foi adquirindo peso historiográfico dentro da renovada historia social e socio-cultural, tamén en España, aínda que dende tempos máis recentes por razón do seu atraso con respecto aos países europeos punteiros.
Nos estudos históricos actuais nada é alleo á cotidianeidade: a alimentación e a bebida, a vivenda, o mobiliario, o vestido, os traballos e as festas, os ritos e as crenzas, a sexualidade, a sociabilidade, a conflitividade, a linguaxe e a comunicación ou as idades da vida, temáticas algunhas delas que, dun xeito ou outro, abordan os traballos do volume, construídos con fontes artísticas, documentais, figurativas e impresas moi variadas, con enfoques dispares, pero comprometidos coa historia socio-cultural e en particular coa historia da alimentación, da cultura material e da arte. Tamén, finalmente, dende historiografías diversas por razón da nacionalidade heteroxénea dos autores.
Neste contexto, unha temática privilexiada en razón do número de estudos que recibe é a da historia da alimentación e da sociabilidade da mesa, á que se consagra este novo volume de Semata baixo unha perspectiva histórica multisecular dende a antigüidade romana ata o século XX- e con diferentes calas tamén no espazo, europea nun caso, brasileira e portuguesa respectivamente noutro e, finalmente, galega nos tres restantes.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.