Notas de prensa

O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, Cofrade de Honra do Capón vilalbés

A Cofradía do Capón de Villalba organizou unha nova degustación do capón, esta vez no Restaurante España da capital lucense. O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, foi nomeado Cofrade de Honra do Capón vilalbés.

A Cofradía do Capón de Villalba organizou unha nova degustación do capón, esta vez no Restaurante España da capital lucense.

Entre a vintena de comensales, ademáis dos directivos da Cofradía (Julio Rico, Alberto Goás e Daniel Goás), presididos polo seu titular, o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao, asistiu o Subdelegado do Goberno en Lugo; os empresarios Alfonso Lamas, Wenceslao Lamas, José Prieto, Antonio Prieto e Eliseo López; os Alcaldes de Quiroga (Julio Álvarez) e Corgo(José Antonio González), o sacerdote Antonio Dominguez; os xornalistas Alfredo Sánchez Carro e Francisco Rivera Cela, e os membros do equipo de Galicia Digital, Carlos Rodríguez Arias, José Luis Lugilde, Antonio Giz Paz e Xulio Xiz.

Recibiu os atributos de Cofrade de Honra do capón (diploma, banda e insignia) o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, así como os correspondentes diplomas os xornalistas Alfredo Sánchez Carro e Francisco Rivera Cela que, con anterioridade, xa recibirán a insignia e banda correspondentes.

A Cofradía do Capón de Villalba ven organizando degustacións do capón, a cargo dos máis destacados cociñeiros, de toda Galicia e Madrid e outras cidades do Estado, e nomeando Cofrades de Honra a diversos persoeiros que participan nestas degustacións do capón vilalbés.

NotaCon este xantar, péchase na provincia de Lugo o calendario de degustacións do presente ano, que se reiniciarán a partir da Feira do Capón vilalbés, que tera lugar o próximo 21 de decembro. Nesa Feira, a Presidencia da Cofradía adquirirá varias ducias de pares de capóns que repartirá entre os principais restaurantes galegos e madrileños para, con posterioridade, organizar estas degustacións totalmente gratuítas nas que participan persoeiros do mundo da empresa, da sociedade e dos medios de comunicación, para contribuir á difusión deste singular elemento gastronómico, que identifica unha comarca e constitúe unha importante fonte de riqueza para o rural vilalbés.

O Presidente da Cofradía, o avogado Domingo Goás Chao, impulsa estas actividades pola crenza nas excelencias gastronómicas do capón vilalbés, e o interese en potenciar o producto máis xenuino da artesanía vilalbesa.

Galiciadixital.com, 2009-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES