
O novo Centro de Investigación en Bioloxía da Universidade de Santiago (CIBUS) inaugurouse oficialmente, nun acto que presidiu o reitor da USC, Senén Barro, no Campus Sur e ao que tamén asistiron o decano da Facultade de Bioloxía, Jaime Gómez Márquez; a da Facultade de Matemáticas, Mª Victoria Otero; o presidente do Consello Social, Manuel Puga, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez; e membros do consello de dirección. Estas instalacións, xa operativas dende hai uns meses, forman parte das primeiras actuacións constructivas e urbanísticas do proxecto Campus Vida previstas para 2009, xunto coa posta en funcionamento do edificio docente Roberto Novoa Santos, do edificio Emprendía ou da reforma da Facultade de Bioloxía.
O proxecto Campus Vida, co que a USC acadou o recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional, supón un redeseño do campus máis emblemático, o Sur, que constituíu na primeira metade do pasado século a aposta máis clara da institución docente para camiñar cara a unha universidade moderna e con impacto internacional. Trátase dunha ambiciosa aposta, co horizonte en 2015, para converter á USC nun referente internacional no ámbito académico, tanto na docencia como na investigación, que rentabilizando a súas fortalezas nas ciencias e tecnoloxías da vida proxecta estratexicamente ao conxunto da Universidade.
CIBUS
O CIBUS ofrecerá aos investigadores unha superficie de 12.915 metros cadrados, dos que preto de 6.000 destinaranse especificamente a investigación. Todas estes espazos distribúense nun edificio composto de soto e catro plantas sobre rasante, así como outras tres de soto destinadas a aparcamento.
Nestas novas instalacións aséntanse vinte e dous laboratorios xerais de Bioloxía e corenta e dous despachos para investigadores, así como un laboratorio de radioisótopos e outro de transición, unha sala de ultracentrífugas e de conxeladores e cámaras frigoríficas, unha cámara de cultivo e un almacén xeral. Completan a dotación infraestrutural unha sala de reunións e os espazos correspondentes a conserxería e administración.
No CIBUS xa traballan actualmente os departamentos de Bioquímica e bioloxía molecular, Bioloxía celular e ecoloxía, Microbioloxía e parasitoloxía e Xenética. Son preto de setenta investigadores e docentes, cun alta porcentaxe de persoal adscrito á Facultade de Bioloxía. Unha das primeiras vantaxes que reporta a posta en funcionamento deste centro é a reorganización de espazos, xa que os departamentos que permanecen nesta facultade poden agora distribuírse doutro modo para un mellor aproveitamento das instalacións, sinala o decano Jaime Gómez Márquez, que valora moi positivamente a posta en funcionamento do CIBUS na investigación biolóxica.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.