Notas de prensa

Galicia rexistrou en setembro un aumento do 3,8% nos viaxeiros en hoteis

Galicia rexistrou en setembro un 3,8% máis de viaxeiros aloxados en hoteis que no mesmo mes de 2008. Según o INE aloxáronse en hoteis 365.000 viaxeiros. Este dato contrasta coa media española onde se reduciu.

Galicia rexistrou o pasado mes de setembro un total de 365.517 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros. Segundo datos da Enquisa de Ocupación Hoteleira do INE, esta cifra supón un incremento do 3,8% a respecto do mesmo mes de 2008. Pola contra, no conxunto de España, a cifra de viaxeiros descendeu un 6,2% en termos interanuais.

O bo comportamento do volume de viaxeiros en Galicia contrasta tamén co observado para o conxunto das Comunidades Autónomas. En particular, só tres delas obteñen valores positivos nas taxas interanuais. Galicia rexistra o segundo mellor incremento interanual no mes de setembro, só por detrás de Estremadura, que obtivo un incremento positivo do 6,3%.

Nos nove primeiros meses do ano Galicia acumula un total de 2.695.411 viaxeiros, case un 5% menos que no mesmo período de 2008. Esta caída é menor que a da media estatal, que se sitúa no 8%. O 77% dos viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros son de procedencia nacional, mercado que experimentou un crecemento tamén notable no mes de setembro (concretamente do 5,1%). O mercado estranxeiro, pola contra, diminuíu nun 0,32%, cifra que tamén vén a ser a mellor das observadas para os meses anteriores.

En termos de pernoitas, Galicia rexistrou un total de 796.478 no mes de setembro, un 2,4% máis que no mesmo mes do pasado ano. Pola contra, a nivel nacional, a cifra de pernoitas en establecementos hoteleiros caeu un 6,3% de media. A nivel de Comunidades Autónomas, Galicia rexistrou tamén neste caso a segunda mellor taxa de incremento de toda España, só superada por Estremadura.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-10-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES