O Concello de Palas de Rei dentro do interés do equipo de Goberno para preparar todas as infraestructuras e intentar ofrecer a mellor imaxe turística de Palas de Rei as múltiples persoas que pasarán por este termo municipal ó longo do 2010 con motivo do ano Santo.
Según nos informa o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo J. Taboada Camoira, o Concello desenvolverá cursos de Atención o Público, Xestión de establecementos Turísticos e idiomas dirixidos fundamentalmente a hostelería e o sector servicios. Con estas accións dende o Concello preténdese ofertar a posibilidade de que todas aquelas persoas relacionadas en mayor ou menor medida coa atención o peregrino (hosteleiros/as, dependientes,
) adquiran uns coñecementos básicos para afrontar nas mellores condicións o vindeiro ano Santo.
Dende o Concello Palense prevese habilitar unha oficina para que se poidan anotar todas as persoas que así o desexen durante o vindeiro mes de novembro. Os horarios dos cursos serán fora da xornada laboral e adaptados os profesionais da hostelería con un horario de traballo especial. Asimesmo, instalaránse Paneis informativos e un PINFO de información turística dentro do Plan de señalización turística da Ulloa executado pola Deputación Provincial que poida axudar ós pelegríns a ubicarse e ofertarlles as singulariedades de todo o Concello de Palas de Rei.
Noutro ámbito, segundo informa o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo J. Taboada, o Concello recibiu propostas de particulares para a creación de tres Albergues de promoción privada, dous deles no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago de Compostela e o outro no Camiño Primitivo o seu paso polo térmo municipal deste Concello.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.