O Concello de Palas de Rei, a través do Centro de Información a Muller convoca o I Concurso de Carteis contra á Violencia de Xénero destinado a tódolos/as estudiantes dos Centros Escolares de Palas de Rei, esto é, Colexío e Instituto.
Establécense 4 categorías:
A) Alumnos/as entre 6 e 8 anos (Educación Primaria).
B) Alumnos/as entre 9 e 12 anos (Educación Primaria).
C) Alumnos/as entre 13 e 16 anos (Educación Secundaria).
D) Alumnos/as entre 17 e 18 anos (Bacharelato).
O tema elexido para os carteis estará relacionado co día que se conmemora, nel deberá figurar o lema: 25 de novembro día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller.
Os carteis serán feitos en tamaño folio e con liberdade de procedemento, valorando a súa orixinalidade e presentación. Os traballos presentaranse sen firma, irán identificados ao dorso cun lema, e entregaranse xunto a un sobre pechado no que figure o mesmo lema cunha tarxeta no seu interior co nome, apelidos,idade, curso,centro escolar, dirección e teléfono.
Mentres que os orixinais admitidos en concurso serán expostos ao público no Salón de Actos do Centro Educativo.
O Prazo de admisión abriuse o 20 de outubro e cérrase o 11 de novembro deste ano. Deberán presentarse no Centro de Información á Muller, esto é, no Centro de Saúde de Palas de Rei, na Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n, e o fallo do xurado considerase seguindo as bases inapelable facéndose público o día 12 de novembro do 2009. O Xurado estará integrado pola Traballadora Social e os integrantes do Centro de Información a Muller.
Os premios:
Na modalidade A: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.
Na modalidade B: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.
Na modalidade C: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.
Na modalidade D: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.
En canto a Exibición e publicación:
A) Farase un acto de entrega de premios.
B) Aqueles traballos que resultaran premiados e outros que o xurado seleccione dos traballos que se presenten, serán publicados e posteriormente exhibidos, podendo ser utilizados polo Concello de Palas de Rei naquelas publicacións que se consideren oportunas. Neste senso dende o Concello prevese darlles publicidade e exhibición nuna serie de carteis de difusión que sairán a tal efecto así como en calendarios do ano 2010 tanto de bolsillo como en tamaño grande.
A organización velará polo bo estado e conservación dos traballos presentados. E a participación no concurso supón a aceptación das Bases do mesmo.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.