O Centro de Información a Muller de Palas de Rei pon en marcha na última semana de outubro e primeira de novembro un Taller para favorecer e dinamizar a igualdade dirixido os nenos e nenas do Colexio Público de Palas de Rei.
Tras unha serie de reunións mantidas entre a Dirección de ámbos Centros (Centro Escolar de Palas e o Centro de Información a Muller de Palas de Rei) ponse en marcha esta iniciativa que tenta traballar en xénero a igualdade de oportunidades como parte indisoluble da educación en valores, proporcionando unha estratexía de acción permanente e estable no ámbito da educación infantil e primaria; busca tamén, o desenrolo de valores como: a igualdade, a solidariedade, a non discriminación,
implicando a comunidade educativa e as Asociación de Pais e Nais do Colexío de Palas na prevención e sensibilización respecto as actitudes sexistas que se poidan dar.
Personal con acreditada especialidade na materia de igualdade de xénero desenvolverá este Taller que leva por nome Camiña con nos pola igualdade. Un Taller que estará articualdo as diferentes idades que conforman a Educación Primaria.
Esta iniciativa que conta co apoyo financiero do Concello de Palas de Rei e da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, concretamente da Secretaría Xeral de Igualdade, coa finalidade de favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre os homes e as mulleres.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.