Notas de prensa

Turismo sacará en 2010 unha liña de axudas para incentivar a inversión no termalismo

A Secretaría Xeral para o Turismo destinará en 2010 tres millóns de euros a unha liña de axudas para incentivar o investimento en termalismo. A medida anunciouse durante o IV Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, no marco da IX Feira Termatalia.

A Secretaría Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, anunciou a nova iniciativa que poñerá en marcha o seu departamento para incentivar o investimento no sector termal galego. Trátase dunha liña de axudas por un importe de tres millóns de euros que estará destinada á creación e mellora de instalacións termais, así como ao financiamento de actividades complementarias nese eido, á implantación de sistemas de Calidade ou a melloras de accesibilidade, entre outros investimentos.

Carmen Pardo foi a encargada de abrir a xornada do IV Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que se celebra en Ourense no marco da feira Termatalia. Na súa intervención a secretaria xeral para o Turismo falou da situación e características do turismo de saúde en Galicia e das medidas que está a pór en marcha a Administración Turística galega para dinamizalo e promovelo. Carmen Pardo explicou que “Galicia é –segundo Turespaña e por tanto segundo o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio- a comunidade autónoma coa oferta máis competitiva de estacións termais para os segmentos de mercado prioritarios a nivel internacional”. Esta singularidade é considerada como unha oportunidade para a Administración Turística de Galicia para implementar medidas que promocionen e dinamicen o sector dentro do destino Galicia tanto a nivel nacional como internacional. É por isto que a secretaria xeral para o Turismo anunciou que o seu departamento poñerá en marcha varias iniciativas en colaboración coa Asociación Galega da Propiedade Balnearia como consolidación, mellora e internacionalización da plataforma Balnegal ou a posta en marcha de accións encamiñadas a potenciar a investigación como a posta en marcha dunha cátedra de Hidroloxía que se impartirá na Universidade de Santiago de Compostela.

Do mesmo xeito, Carmen Pardo destacou a necesidade de formar en linguas estranxeiras ao persoal dos balnearios ou a súa intención de impulsar o lanzamento dun clúster termal, para o cal xa foi presentada unha candidatura en Madrid no pasado mes de agosto. Así mesmo, recalcou a potencialidade do subsector termal como elemento de desestacionalización e explicou que neste momento a Secretaría Xeral para o Turismo a través de Turgalicia ten unha campaña específica de divulgación do turismo de saúde galego nos principais canais de televisión de España e Portugal co motivo de captar turistas en épocas de afluencia menor.

A novena edición de Termatalia caracterízase pola súa consolidación como centro de negocios internacional do sector, fomentando o desenvolvemento a nivel turístico e tamén a nivel industrial. Trátase da única feira Internacional de Turismo Termal da Península Ibérica e unha das tres feiras Internacionais de Galicia. Conta coa participación de 241 expositores procendentes de 31 países de catro continentes. En Termatalia desenvólvense accións profesionais como unha bolsa de contratación turística e tamén misións comerciais de touroperadores, axentes de viaxes e importadores de bens de equipo. Nesta edición, o país convidado á feira é Turquía.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES