Notas de prensa

Galicia conmemora o Día Mundial do Docente

A Consellería de Educación recoñeceu o labor de dez profesionais da ensinanza en representación de todos os seus compañeiros. Dáse un sinal da concienciación, comprensión e aprecio o labor dos mestres polo seu traballo a prol da educación.

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, celebrou o Día Mundial do Docente recoñecendo e galardoñando o labor que o profesorado realiza en Galicia a través de dez dos seus representantes. O cinco de outubro aproveitase para recoñecer a inmensa contribución que realizan os cerca de 55 millóns de docentes que exercen o labor educativo en todo o mundo, a favor dos estudantes, das escolas e das comunidades. Con este acto dáse un sinal da concienciación, comprensión e aprecio o labor dos mestres polo seu traballo a prol da educación e o desenvolvemento.

Xesús Vázquez Abad louvou aos homenaxeados ao dicir deles que “todos representan o mellor do noso sistema educativo. E a través deles queremos renderlle tributo aos homes e mulleres que teñen nas súas mans o cultivo humán e a preparación cidadá das novas xeracións”. O Conselleiro recordou que “esta homenaxe, aspira a ser tamén o noso recoñecemento a tódolos homes e mulleres que exercen o seu maxisterio cunha vocación tan exemplar como insubornable. Coñeceron, ao longo do tempo- continuou- os atrancos e mailas carencias do noso sistema educativo. A pesar diso, nunca perderon o senso máis entrañable e humanista do seu labor nas aulas da nosa terra”. Finalmento o Conselleiro asegurou que “a súa entrega ás tarefas do ensino fixo e segue a facer posible que a persoalidade política e cultural de Galicia ocupe un lugar sobranceiro no concerto dos pobos de España e da Unión Europea”. Vázquez Abad insistiu na importancia dos mestres xa que son os primeiros en formar aos que o día de maña serán profesionais que desenvolven oficios en todos tódolos ámbitos da sociedade.

O titular da Consellería de Educación entregou os galardóns a Juan Diaz Marín, Mª Josefa Méndez Rego, Concepción Casas Dávila, Francisca López Veres, Venancio Graña Martinez, Manuel Alvarez Calzón, Tomás Simón Sampedro, Francisco Javier Padín Vaamonde, Ana María Platas Tasende e Mª Asunción Seara Feijoo en representación de todos os mestres que exercen a labor educativa en Galicia, todo ele recibirán un galardón por parte de conselleiro de Educación que estivo acompañado por José Luis Vázquez, Secretario Xeral, José Luis Mira, director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación e pr José Manuel Pinal, director xeral de Centros e Recursos Humanos. No acto tamén estiveron presentes representan de UGT e de ANPE, aos que o conselleiro agradeceulles a súa presenza.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-10-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES