A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, daralles axudas aos centros de ensino para a realización de proxectos que fomenten o uso do galego no ámbito educativo.
Para a inclusión na programación xeral anual do curso, os centros poderán elaborar os proxectos de dinamización lingüística en termos semellantes aos recollidos nas últimas convocatorias, xa que a do presente curso académico, que se realizará a comezos de 2010, manterá, en liñas xerais, os mesmos criterios de elaboración e avaliación dos proxectos.
Na convocatoria do curso pasado, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo contribuíu cun millón de euros a financiar os proxectos de fomento do galego nos centros de ensino público da comunidade e destinou 81.980 euros aos dos centros educativos privados.
O papel dos equipos
Os equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros educativos son os principais promotores e redactores dos proxectos de fomento do uso do galego que anualmente veñen concorrendo a estas axudas de Política Lingüística para contribuír ao seu financiamento.
Un dos obxectivos fixados para esta lexislatura por Anxo Lorenzo é lograr unha maior visibilidade do labor dos ENDL e avanzar na planificación da súa actividade. Nesta liña, a secretaría xeral puxo en marcha o pasado mes de xuño un espazo web a través do que se difunden as experiencias dinamizadoras que desenvolven os ENDL e no que os centros poden compartir recursos, ferramentas e información.
Os ENDL, formados por profesorado, representantes dos alumnos e persoal non docente, comezaron a funcionar nos centros de ensino galegos no curso 1990-1991. A súa creación responde ao obxectivo da Lei de normalización lingüística de 1983 de conseguir que os alumnos e alumnas adquiran unha boa competencia nas dúas linguas oficiais de Galicia.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.