
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o seu apoio ao Porto Exterior da Coruña e expresou o seu convencemento de que o apoio institucional conseguirá superar os atrancos que esta obra impón. Por iso, brindou o apoio leal da Xunta. O mandatario galego recoñeceu que non ver a importancia que ten e terá o Porto Exterior, sería sinónimo de gobernar de costas ao mar, porque non se trata dunha infraestrutura local ou comarcal, senón española e europea, puntualizou. Galicia é unha realidade global que necesita ser vista como globalidade nestes momentos de crise.
Estou convencido de que o ex presidente da Xunta, e presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, saberá facer o que temos que facer entre todos, e lle brindo dende aquí a colaboración leal da Xunta de Galicia. Nos atopamos nunha situación difícil, pero estou seguro de que o Ministerio de Fomento, e entre todos, atoparemos unha solución a esta situación herdada.
O xefe do Goberno galego inaugurou as instalacións do novo Porto Deportivo Marina Coruña e, na súa intervención, salientou o esencial que é acadar a integración e a coordinación dos portos, xa sexa de competencia estatal ou autonómica. Por iso, amosouse convencido de que esa mesma cooperación institucional que fixo posible o acordo sobre o AVE galego, ou o consenso entre a Xunta e os concellos en materia urbanística, será fundamental, tamén, para sacar adiante esta infraestrutura. De igual xeito, instou a non incorrer no erro de ver en cada dotación algo illado.
Feijóo salientou que o novo porto inaugurado é, tamén, unha ponte entre o pasado e o futuro, e un dos mellores portos deportivos da Europa Atlántica pola súa situación, polas súas dotacións e pola vocación mariñeira da propia cidade herculina. Apuntou, ademais, que nace da man de galegos, porque galegos son a empresa promotora, os futuros xestores do complexo portuario e aqueles que foron quen de superar os enormes desafíos que ten unha obra deste tipo.
Unha Administración que está ao lado dos emprendedores que aquí hai
Ao seu xuízo, o novo porto deportivo da Coruña é unha mostra de confianza no noso país, e de que os emprendedores que o promoven están a poñer en práctica o galeguismo máis útil, que é o dos feitos, porque invisten en Galicia e na Coruña e iso, merece todas as loubanzas, recoñeceu. Ningunha medida contra a crise que padecemos será útil se os que necesitamos que o fagan abandonan a súa misión de emprender e se os poderes públicos non somos quen de protexelo, aseverou Feijóo, e apostilou: Aquí hai emprendedores e quero que haxa unha Administración que estea ao seu lado.
Manifestou, así, que a Xunta está convencida de que Galicia pode ser unha potencia de primeiro nivel en economía do mar. O é e o será matizou-, porque neste mesmo porto os pavillóns dos barcos que xa están aquí atracados demostran que esta esquina do Atlántico galego atrae a navegantes de moi diversas procedencias.
No seu discurso, lembrou cómo todas as mitoloxías vencelladas coa nosa terra teñen o mar como orixe ou destino e afirmou que o mar volve a ser o gran destino de Galicia. Estou certo que estamos no século do mar e iso supón que países e rexións marítimas terán unha grande vantaxe que cómpre aproveitar dixo-, e o comercio, o transporte e o aproveitamento dos recursos teñen o seu futuro no medio mariño. Feijóo indicou que o segundo paso da globalización terá no mar o seu principal protagonista. Penso que aquela Liga Hanseática que no século XIV unía as cidades costeiras volverá ser unha realidade e A Coruña e Galicia formarán parte dela, argumentou.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.