
O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou o VII Encontro de Educación Infantil que se celebra no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela. Nos obradoiros e conferencias organizadas en torno a este evento asistirán 525 docentes de Educación Infantil.
Durante o acto de inauguración Vázquez Abad destacou que estes encontros se constitúen como un foro de debate e actualización nas primeiras etapas de aprendizaxe. Este é un espazo de intercambio entre os docentes. O conselleiro subliñou que a Educación Infantil correspóndese cun período da vida dos nenos e nenas, que constitúe un espazo de vivencias e recreación cultural, valorando a educación como fonte de cultura transformada en coñecementos e saberes que potencien o desenvolvemento de habilidade, procedemento para pensar e interpretar o mundo, facilitando a conceptualización global da realidade que teñen os nenos e nenas desta etapa.
No mesmo acto o conselleiro aproveitou para destacar o labor dos docentes de infantil aos que se dirixiu nos seguintes termos: Os meus parabéns, pois sodes un dos colectivos máis participativos nas actividades de formación. Dende a Consellería apostamos por este profesorado que investiga e innova a prol da mellora do sistema educativo.
O encontro ten como obxectivo o intercambio de experiencias e coñecementos entre os docentes desta etapa educativa. Unha reunión que promove a actualización dos docentes ao tempo que se dan a coñecer as principais liñas do Plan de Formación. Profesorado para o vindeiro curso. Entre os puntos que se tratarán destaca a implantación da LOE, e o novo currículo de Educación Infantil.
Ademais, nesta edición aproveitarase para reformular a práctica educativa. O enfoque por competencia modifica os puntos de vista convencionais sobre a forma de aprender e de ensinar sendo o principal o desenvolvemento das posibilidades do individuo mediante fórmulas de saber e facer contextualizadas.
Programa
Os asistentes terán a posibilidade de asistir ás conferencias de destacadas personalidades no mundo educativo como é o caso da coordinadora de proxectos de formación de profesores en diferentes rexións de España, Myriam Nemirovsky Taber. Ademais pasaran polo estrado a directora de Proxectos pedagóxicos, Amparo Escamilla González, a directora de Casa Creativa Angélica Sátiro, e a especialista en Intelixencia Emocional, María do Mar Romera Morón.
O programa completo está dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación na dirección http://centros.edu.xunta.es/contidos/asesoriainfantil/.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.