
A Xunta de Galicia iniciou os trámites para recuperar a través da S.A de Xestión do Plan Xacobeo e mais de Turgalicia a conexión Santiago-París en voo de baixo custe a partir do 1 de decembro. Este anuncio foi realizado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, na súa resposta a unha pregunta parlamentaria sobre a política da Secretaría Xeral para o Turismo en relación aos voos de compañías aéreas de baixo custe nos tres aeroportos galegos.
O conselleiro encadrou este anuncio no importante esforzo que está a facer a Consellería de Cultura e Turismo para apoiar ao sector aéreo galego a pesar de ter herdada una situación de completa indispoñibilidade financieira. Neste sentido, segundo Roberto Varela o fomento das liñas aéreas low-cost serve como mecanismo para deseñar parcialmente o mapa de rutas desexable, sen perder de vista a perspectiva da optimización dos nosos tres aeroportos e co obxectivo de aproveitar a oportunidade que brinda a Galicia o vindeiro Ano Xacobeo como pulo ao noso desenvolvemento.
En base ao estudo do sector aeroportuario galego, encargado pola Secretaría Xeral para o Turismo no mes de agosto, o conselleiro recordou que as aeroliñas de baixo custo contribúen a manter a cota de mercado dos aeroportos da Comunidade ao mover o 30 por cento do total de pasaxeiros. Esta análise obriga á participación de todos os sectores implicados e a corrixir as situacións de competencia entre as tres cidades galegas con aeroporto de de forma que as rutas que se ofrezan sexan complementarias, evitándose os solapamentos e potenciando unha xestión integrada.
Con esta orientación, a Consellería de Cultura e Turismo fará a distribución da súa inversión en base ao histórico do número de turistas respecto ao total de pasaxeiros en cada aeroporto. A medio e longo prazo, fomentarase á creación de complementariedades e sinerxías entre as tres cidades galegas fronte á competencia do presente para, segundo Roberto Varela, fortalecer a Galicia como un destino único, reposicionándoo fronte a outros aeroportos competidores na captación de viaxeiros como o de Porto. O obxectivo é acadar un sistema aeroportuario integrado de cara a unha xestión compartida.
Reunións co sector e as administracións
O conselleiro afirmou na súa intervención que o sector aeroportuario é un tema de vital importancia para o Goberno galego e nel están implicadas tres consellerías: Cultura e Turismo, Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas e Economía e Industria. A liña de traballo desde xullo foi o diálogo cos representantes do sector, os concellos e os entes promocionais. Neste sentido, segundo Roberto Varela a constitución do Comité de Rutas gracias á insistencia e á preocupación deste Goberno nos últimos meses repercutirá a medio e longo prazo nunha mellor planificación da promoción, unha vez se definan por completo a súa estrutura e funcións. Apelo á realización dun esforzo conxunto entre as diferentes administracións e os sectores implicados de xeito que podamos construír un futuro mellor para Galicia e para todos aqueles que nos visitan ano tras ano, concluíu.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.