Notas de prensa

Rueda aposta por que as empresas de comunicación busquen nichos de negocio propios na nova realidade informativa

O Conselleiro de Presidencia sinala que cómpre esperar unha información distinta ante o novo panorama que trouxo a era dixital e a crise económica. Alfonso Rueda clausurou unhas xornadas sobre o presente e futuro da prensa escrita e a televisión.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, salientou a importancia dos cambios acontecidos nos últimos anos no panorama dos medios de comunicación e, ante eles e a actual situación de crise económica, apostou por que as empresas informativas creen nichos de negocio propios ofrecendo unha información que as faga diferentes en cada unha das súas modalidades.

Na súa intervención na clausura das xornadas Presente e futuro da prensa escrita e a televisión, Rueda cualificou a este sector como “coprotagonista ineludible no proceso de superación dos problemas” actuais e apuntou que, ante a nova realidade, cómpre esperar “unha información distinta”.

O conselleiro referiuse aos cambios impostos pola era dixital, que provocou cambios nos medios de comunicación, na súa presenza ante a opinión pública e na súa forma de traballar, así como na cadea de valor da cultura da información e, consecuentemente, na forma de enfrontarse á mesma.

Alfonso Rueda tamén aproveitou o foro para expresar a preocupación da Administración polas consecuencias sociais e mesmo de transcendencia democrática que as dificultades económicas e financeiras do sector poden conlevar; ao tempo que declarou que calquera debilidade no ámbito dos medios de comunicación suporía “un déficit para o pluralismo do país”.

Neste sentido, o titular de Presidencia expresou que o apoio do Goberno galego farase a través do impulso de políticas de innovación ou traballando na extensión e cobertura conxunta da primeira e segunda fase da Televisión Dixital Terrestre (TDT) para cubrir os obxectivos do apagón analóxico do próximo 3 de abril. Así mesmo, tamén recordou que a Xunta propiciará unha nova regulación da publicidade institucional e reformará as leis do audiovisual de Galicia e dos medios audiovisuais públicos.

Finalmente, o conselleiro invitou á reflexión e á análise como medida para superar a crise, labor na que a Xunta de Galicia “está e estarᔠtraballando co sector mediático galego. “Os tempos de adversidade son tempos de reflexión, de busca de alternativas; de innovación. Neste sentido, as crises deixan tamén unha serie de ensinanzas”, comentou.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, 2009-09-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES