Notas de prensa

A Consellería de Educación xa paga a gratuidade solidaria dos libros de texto

Xesús Vázquez Abad asegurou que xa se realizaron os primeiros pagos a través das Xefaturas Territoriais. O conselleiro recordou que se está a traballar no borrador do novo Decreto do Galego, tal e como se prometera.

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesus Vázquez Abad, asegurou que xa hai pais que están a cobrar as axudas da "Gratuidade Solidaria" dos libros de texto. "Estanse a xestionar os pagos dende as Xefaturas Territoriais, e agradecemos o apoio e a colaboración responsable que estamos a recibir dende os centros na tramitación das axudas".

Nunha entrevista concedida a RNE, Xesús Vázquez afirmou que xa hai máis de 1.500 familias que ingresaron o diñeiro correspondente as axudas pola gratuidade dos libros. Un sistema que o titular de Educación da Xunta recordou que "é realmente gratuíto, fronte ao modelo anterior, xa que agora os pais realmente teñen os libros en propiedade. Antes os libros eran prestados e todos os pais tiñan que mercar un ou dous manuais. De feito, nalgúns casos cando remataba o curso os país tiñan que pagar libros que polo uso presentaban algunha deficiencia ou mal estado”.

Para beneficiarse das axudas do novo sistema a 7 de cada 10 alumnos o Conselleiro lembrou que é preciso que os pais as soliciten nos centros, os que agradeceu a súa colaboración a pesares de que "nalgúns casos encontramos problemas, motivados por determinadas actitudes políticas minoritarias, que se están a resolver a través das Xefaturas e delegación territoriais.":

Tranquilidade no comezo de curso

Na mesma entrevista,Vázquez Abad asegurou que este comezo de curso é un dos máis tranquilos dos últimos anos, e respecto da contratación de profesorado dixo que "as necesidades educativas mudan ano a ano, ao igual que as demandas de cada centro escolar", polo que dixo que non se pode afirmar que haxa mestres sen traballo. "O proceso de contratación –precisou- non remata no primeiro día de curso, e aínda non sabemos que pasará na contratación en secundaria, pero pode ser algo similar ao de primaria, que aumentou en máis de douscentos contratos respecto do ano pasado, polo que non se pode falar dun descenso na contratación":

Sobre a situación da educación no ámbito rural o conselleiro aseguro que o peche de 23 escolas unitarias foi debido a que "nalgúns casos non había nin alumnos matriculados e noutros casos había menos de 5 nenos e nenas". Con todo, garantiu que dende a Consellería se traballa “para que no rural teñan as mesmas condicións de ensinanza que nas cidades"

Sobre os problemas de relacións dentro das aulas, e de respecto entre estudantes e mestres, o conselleiro asegurou que "en Galicia non podemos falar dunha situación de alarmismo, xa que non se están a vivir as situacións que se ven noutros puntos de España". Sen embargo Xesús Vázquez admitiu que dende o seu punto de vista “a autoridade do mestre viuse mermada dende a entrada en vigor da Logse". Para que a actual situación de conflictividade diminúa, Vázquez Abad apostou pola dignificación da figura do docente e da creación dunha lei que recoñeza os valores perdidos, e que prime o esforzo e o respecto dentro das aulas. Vázquez Abad matizou que "persoalmente non creo que o respecto teña que ver co tratamento de vostede, senón coa actitude das persoas".

Decreto do galego

Sobre a promesa electoral de aprobar un novo decreto do galego, o Conselleiro de Educación conformou que "se está a traballar sobre o borrador, e tal e como nos comprometemos será presentado e negociado con todos os grupos e mesmo coa Real Academia Galega, para que o Decreto este listo no Nadal". Vázquez Abad reafirmou que o borrador será un texto para ser discutido, “xa que –dixo- este é un goberno dialogante. Co borrador haberá marxes para a negociación, todos imos ceder para chegar a un punto de encontro". Finalmente, Vázquez recordou que a Consellería "sigue traballando pola defensa, promoción e difusión do galego en todos os ámbitos, sen menoscabar o dereito dos pais a elixir libremente, e sen imposicións o modelo educativo que queren para os seus fillos.".

Financiamento

Na súa intervención radiofónica Xesús Vázquez Abad foi preguntado sobre todos os temas que afectan á educación, entre eles o da crise. O Conselleiro asegurou que "nesta nova etapa de goberno estamos a empregar os cartos que hai con eficiencia, non como se fixera na anterior etapa na que de produciron derroches en publicidade, promocións, dietas ou protocolo”. Tras afirmar que ese tipo de gastos se vai minimizar, o conselleiro asegurou que, a pesar da crise e dos recortes presupostarios “Educación será unha das grandes favorecidas nos orzamentos”.

A menos de vintecatro horas do comezo do curso universitario para miles de galegos, e interrogado sobre o plan de financiamento para nivel educativo, o conselleiro adiantou que "nos próximos días reunirémonos cos reitores para ver os presupostos deste ano; máis adiante nos sentaremos para facer un plan a longo prazo, 2010-2015, e finalmente constituiremos unha comisión na que tratar sobre a elaboración dunha lei que agrupe todas as normativas que afectan á universidade galega".

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES