O Parlamento de Galicia aprobou na Comisión de Educación e Cultura unha iniciativa do PPdeG que insta á Xunta a desenvolver os traballos necesarios que permitan a elaboración dunha Lei Galega de Universidades, que regule o sistema universitario galego no proceso de adaptación do ensino superior de Galicia ao Espazo Europeo de Educación Superior e que agrupe a lexislación en materia universitaria, actualmente dispersa.
O voceiro de Educación, Roman Rodríguez, sinalou que é necesario poñer as bases para a construción da Universidade galega do século XXI definindo o que esta lle pode pedir e lle pode transferir á sociedade.É necesario tamén a modernización da súa organización e unha estruturación interna adecuada aos novos escenarios que se están a vivir. En definitiva, converter á universidade nun motor do desenvolvemento mellorando aspectos como a calidade docente, o potencial investigador e a repercusión no desenvolvemento social e económico da nosa Comunidade.
Así mesmo o deputado popular vencellou esta nova Lei ao plan de financiamento e rexeitou a esixencia dos deputados do PSdeG de poñer un calendario á nova Xunta sobre algo que eles non fixeron. Deste xeito Roman Rodríguez criticou que o PSOE agora amose interés en poñer datas e cantidades cando durante os seus anos de goberno na Xunta deixaron a Universidade a súa sorte ante o plan Bolonia, non mostraron interés pola lei nin polo orzamento ao contrario da preocupación amosada sempre polo PPdeG que xa no ano 2004 tiña un informe sobre unha nova lei galega de universidades.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.