Notas de prensa

Turismo destina máis de 1.200.000 euros para mellorar o Camiño Portugués de cara ao Xacobeo 2010

Cultura e Turismo inicia a primeira parte do Plan Corrector dos Camiños que afecta aos Camiños Francés, Portugués e Fisterra-Muxía con tarefas de roza e limpeza, sinalización, obras de mantemento e servizos nos albergues.

O Consello da Xunta aprobou o pasado 22 de xullo o Plan Corrector dos Camiños de Santiago elaborado pola Consellería de Cultura e Turismo a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo adscrita á Secretaría Xeral para o Turismo. O plan elaborouse en colaboración cos Concellos polos que discorren as rutas, coas Asociacións de Amigos do Camiño e con outros axentes implicados e interesados nas rutas xacobeas e pretende corrixir ao longo deste 2009 e no 2010 os problemas máis urxentes do Camiño de Santiago. Para isto o plan resume unha serie de actuacións específicas como a recuperación e conservación do medio físico, sinalización ou rehabilitación e ampliación da rede de albergues.

A organización para este proxecto é dirixida dende a Secretaría Xeral para o Turismo e a Xerencia da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo contando con catro fontes de información: os servizos técnicos da Sociedade; a consultoría externa de apoio para o traballo de campo e a cartografía, os concellos, as asociacións de amigos do Camiño. O estudo centrase fundamentalmente en cinco aspectos recollidos a través dunha consulta escrita: os albergues, as rutas, a sinalización, o patrimonio arquitectónico e os servizos.

Como resultado desta recollida de información deseñáronse unha serie de accións e intervencións dos Camiños de Fisterra-Muxía, Francés e Portugués. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e mais a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, reunironse hoxe en Santiago cos alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño Portugués para informalos das tarefas que se van acometer na ruta e nas súas infraestruturas con cargo a este Plan. Os representantes dos concellos convocados hoxe son Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo, Ames, Santiago de Compostela, A Guardia, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo.

O Camiño Portugués pola Costa

Ademais dos alcaldes do Camiño Portugués, convocouse aos do Camiño Portugués pola Costa. Malia que, debido a que a incorporación desta variante é moi recente como resultado dunha Proposición Non de Lei de 2008, e debido a que só foi incorporada hai seis semanas na Primeira Fase do Plan Corrector, este non contempla actuacións para o Camiño Portugués pola Costa. Pero os rexedores municipais dos concellos do Camiño pola Costa foron convidados á reunión xa que a Consellería de Cultura e Turismo intégraos nas actuacións cos mesmos dereitos e deberes que os do resto dos Camiños a Santiago. Deste xeito, os alcaldes farán as súas aportacións e tamén o Camiño pola Costa terá un Plan Corrector que será presentado en outubro e unha programación deslocalizada como o resto dos municipios de cara ao Xacobeo 2010.

Actuacións prioritarias

As actuacións que se desenvolverán afectan á sinalización, roza e limpeza, mantemento e conservación e rede de albergues. Así, no que afecta á sinalización, no Camiño Portugués reforzarase a sinalización das 222 mouteiras e 192 cunchas, colocaranse 106 novas mouteiras con quilometraxe e 156 cunchas cerámicas e 15 de bronce. En canto a mantemento e conservación, as accións prioritarias a desenvolver nesta ruta están localizadas nalgúns dos treitos que pasan polos concellos de Tui, Redondela, Pontevedra e Barro. Engloban as seguintes intervencións: roza e limpeza, recheo de material de drenaxe e aporte de zahorra, formación e pasais de pedra, lousado de pedra granítica, apertura e limpeza de cunetas e formación de pasos de auga. No tocante aos albergues, faranse intervencións destinadas a mellorar e conservar o equipamento dos albergues e a conservación dos mesmos.

No Camiño Portugués habilitarase un tramo accesible para persoas con mobilidade reducida que estará operativo en 2010, dentro do programa Xaco-Accesible. O custe das actuacións previstas para o Camiño Portugués é de aproximadamente 1.200.000 euros, orzamento que se verá incrementado coas actuacións que se acometerán no Camiño Portugués pola Costa.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos científico, tecnolóxico, empresarial e das políticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas políticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das políticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Foto de la tercera plana (medio_ambiente.jpg) Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste período foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No período 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.

Notas

A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
O proxecto de investigación RESCLIM@TIEMPO que lideran a USC e a Universidade de Granada, no marco da colaboración permanente entre os grupos SEPA-interea da Universidade de Santiago e Eva-EASI da Universidade andaluza, organizan esta semana no Campus compostelán o I Congreso Internacional sobre Respostas Educativas e Sociais á Emerxencia Climática e VI Seminario Internacional RESCLIMA ‘Estamos a tempo? De que estamos a tempo?’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES