
Dito empresario, motivado por un interese meramente LUCRATIVO pretende realizar (co consiguiente risco para toda a zona verde) unha festa da cervexa que ben se podería converter nun Macro-Botellón de libro Guinness, pois se prolongará durante os 10 días que duren as Festas de Ferrol.
Resúltanos provocador e ofensivo que a propia Concellería de Festas intente comparar unhas atraccións de feira cunha cesión IRREGULAR (non aparece na programación de festas) dun espazo público cun fin meramente lucrativo. Deixando unha porta aberta a todo aqueles EMPRENDEDORES que EMBRIAGADOS pola alta rentabilidade, as vantaxes fiscais e un máis que evidente beneficio empresarial, MONOPOLICEN os ESPAZOS PÚBLICOS da nosa cidade, ou o que sería moito peor, deteriórenos e inutilicen baixo o consentimento e a aprobación dunha administración local permisiva e condescendiente.
Sentar precedentes sempre obriga a resolver novos casos.
O día precedente ensina o día que segue. (PÍNDARO)
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.