
Unha espectacular decoración con xogos de luces e laser xunto ao son crearon un ambiente único do que disfrutaron centos de persoas. A praza chegou a estar completamente ateigada con xente de todas as idades que se deu cita para disfrutar e bailar ao son de Dj Botz & FlyDrums, Dj Mario Pérez e Dj Trillo.
A Festa que transcorreu con total normalidade levou ata Tui a centos de persoas que fixeron lembrar os bos momentos da movida tudense vividos hai uns anos. Esta iniciativa organizada por dez locais da zona monumental coa colaboración da Concellería de Cultura cumpriu sobradamente as expectativas fixadas na mesma. Hai que salientar tamén a ausencia de incidentes e o cumprimento estritos do horario de peche da Festa.
Dende a Concellería de Cultura quérese amosar por unha banda a súa felicitación aos locais organizados por este iniciativa e polo éxito e bo desenvolvemento do mesmo. Ao tempo o responsable da Concelleira agradece o comportamento cívico rexistrado na noite do domingo por todos aqueles que se achegaron a disfrutar tanto desta Festa House coma da movida tudense xa que afortunadamente non hai que lamentar ningún tipo de incidentes nin danos no mobiliario urbano.
O éxito acadado nesta primeira edición fai pensar que a Festa House Tuytú poderá volver celebrarse o próximo verán.
Dende a Concellería de Cultura quérese tamén amosar o seu agradecemento pola colaboración aos veciños, á Policía Local, á Garda Civil, e á Radio Municipal de Tui.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.