Notas de prensa

Efecto Mariposa e Fía na Roca, nas Festas de San Lourenzo de Foz (Lugo)

Presentouse o programa das Festas de San Lourenzo de Foz que se celebran entre o 7 e o 16 de agosto cun orzamento de 90.000 euros. As festas axudan á potenciación da Mariña.

A Presidenta en funcións da Deputación, Lara Méndez, participou na presentación das Festas San Lourenzo 2009 de Foz, nun acto celebrado no Pazo de San Marcos e no que estivo acompañada polo Concelleiro de Cultura, Xaime Cancio.

Lara Méndez destacou que os festexos, que se celebrarán do 7 ó 16 de agosto, “contan cunha programación que abarca diversos aspectos, como o cultural, o deportivo, as novas tecnoloxías -que son moi importantes para o desenvolvento de Lugo- ou a potenciación dos produtos gastronómicos da comarca e da provincia”. A Deputada en funcións sinalou que “todo isto xera unha actividade económica en Foz pero tamén na comarca e, polo tanto, na provincia de Lugo. Potenciamos non só un Concello xa que se xera unha actividade económica fundamental como é o turismo na Mariña”.

Pola súa banda, Xaime Cancio lembrou o vencellamento histórico destas festas con Lugo “xa que naceron como reclamo para os veraneantes que, naquel entón procedían case exclusivamente da capital da provincia”.

O Concelleiro de Cultura subliñou o nivel dos concertos, como Efecto mariposa ou Fía na Roca. “Ademais contaremos con 7 orquestras de gran nivel e coa “Festa do polbo”. Pero gustaríame destacar especialmente unha actividade que terá lugar o día 10, ás 12:30: o espectáculo piromusical e acuático, que será único por celebrarse nun entorno como o da praia da Rapadoira”

O Concelleiro de Cultura avanzou que o presuposto será de 90.000 euros e que haberá cambio de ubicación, xa que todos os concertos se celebrarán na explanada do Porto.

Actos máis destacados

As festas patronais de Foz comezan o día 7 co pregón a cargo do Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda. O sábado, día 8, actuará o grupo Efecto mariposa ás 12 da noite na explanada do porto; o 10 haberá un gran espectáculo piromusical e e acuático na praia da Rapadiora; o 14 Fía na Roca acutará ás 23:30 na explanada do porto, e o domingo 16 haberá “Tango Arxentino” no patio do colexio nº1.

O programa tamén inclúe actividades deportivas como o “I Campeonato de Surf. Festas”, concurso de castelos, unha queimada popular e a mostra folclórica infantil.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2009-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES