
O Grupo Parlamentario Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a elaborar un programa específico de protección dos pazos de Galicia e de posta en valor da cultura pacega. Na iniciativa, presentada en rolda de prensa polo voceiro de Cultura do PPdeG, Ignacio López-Chaves, insta tamén ao goberno autonómico a realizar unha convocatoria específica de axudas para a conservación e recuperación dos mesmos.
O deputado popular xustifica esta necesidade de protección xa que os pazos constitúen unha das mostras mais importantes da arquitectura civil en Galicia e, ao memo tempo, son os exemplos deste tipo de arquitectura mais representativos na nosa Comunidade. Como bens de gran valor histórico, artístico e social deben recibir unha protección especial que contribúa a súa defensa e conservación indicou López-Chaves.
O Grupo Popular recorda na súa iniciativa que, como afirmaba Alvaro Cunqueiro, ben é posible falar en Galicia dunha cultura dos pazos, que tiveron o seu máximo esplendor no século XVIII, e mesmo a despoboación destes significou unha gran perda para a vida intelectual, social e económica do país.
Para López-Chaves os pazos que, na concepción agrarista de Ramón Otero Pedrayo son una morada fidalga no campo, representan unha mostra non só do noso patrimonio arquitectónico e da nosa historia senón que tamén gardan nas súas fincas algúns dos mais importantes exemplos dos xardíns de Galicia, algúns deles incluso declarados BIC.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.