
A cidade de Vigo xa conta coa primeira bandeira azul que se concede a un porto deportivo da súa Ría. O Náutico de Vigo realizou un extraordinario esforzo durante os últimos meses, superando as dificultades propias dunha situación case industrial, conseguindo finalmente reunir as condicións esixidas e dotando a Vigo dun novo sinal de calidade na súa costa.
A terraza superior do Edificio do Porto Deportivo do Náutico acollía o izado da Bandeira, acto ao que asistía a presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, ademais de Franco Cobas, presidente do club vigués, entre outros membros da súa Xunta Directiva. Todos eles coincidiron en destacar o moito que supón para Vigo contar cun porto deportivo galardoado con esta ecoetiqueta da que benefícianse todos os cidadáns.
O Náutico de Vigo veu desenvolvendo este proxecto despois de recibir, en outubro do ano pasado, as certificacións ISO 9001 e ISO 14001 converténdose no primeiro club náutico galego en posuír un sistema de xestión integrado de medio ambiente e de calidade. A pesar da importante vantaxe que supuxo contar con estas certificacións, o equipo técnico do Náutico atopouse con numerosos obstáculos derivados da situación do porto deportivo nunha cidade de gran actividade industrial como é Vigo.
Sen embargo, un exhaustivo proceso de mellora conseguía obter os 23 aspectos esixidos, en relación a Información e Educación Ambiental, Xestión do Medio Ambiente, Seguridade e Servizos e Calidade da Auga.
Entre as melloras que ha experimentado o porto deportivo do Náutico atópanse, a existencia dun punto limpo, un exhaustivo control de residuos, sistema de seguridade
Así mesmo, como parte do programa de relación co contorno, outro dos requisitos a cumprir, o Náutico vinculouse co Parque Nacional de las Illas Atlánticas, informado aos cidadáns sobre boas prácticas medioambientais, rutas ás praias, instrucións de navegación, control de fondeos
O Porto Deportivo do Náutico de Vigo entra a formar parte así da privilexiada lista de portos galardoados, na que pódense encontrar tan só 78 portos españois e 5 galegos.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.