Notas de prensa

Inditex e Medio Rural amplían a colaboración na mellora da xenética forestal

Inditex e Medio Rural amplían a súa cooperación na procura de sementes de alta calidade, dentro da mellora xenética forestal. Según o acordo entre a empresa textil e a Xunta, a colaboración abarcará novas especies coma a cerdeira ou o freixo, xunto coas actuais.

A colaboración entre a Consellería do Medio Rural e Inditex en materia de mellora xenética das especies forestais ampliarase para abarcar árbores coma o pradairo, a cerdeira e o freixo. Así llelo comunicou aos representantes da empresa téxtil o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, con quen mantiveron unha xuntanza.

Segundo o acordo asinado entre ambas partes, Inditex comprometeuse a aportar un total de 100.000 euros ao ano durante as anualidades de 2008, 2009 e 2010 para financiar traballos de creación de hortos sementeiros e rodais selectos para a produción de semente forestal de alta calidade de diferentes especies, entre as que se atopaban, ata o de agora, o piñeiro (tanto o pinus pinaster coma o radiata ou o pinus nigra), o populus tremula ou o castiñeiro silvestre (castanea sativa). Agora, o ámbito de colaboración amplíase coas especies reseñadas. Tratáronse tamén novas posibilidades para ampliar a colaboración de Inditex de cara ao futuro.

Na xuntanza de hoxe estiveron presentes, por parte de Inditex, o Director General Counsel, Antonio Abril Abadín, e o director da área medioambiental, Antonio Álvarez Sánchez.

Plan de Mellora Xenética

Os traballos de mellora aos que fai referencia este acordo desenvólvense en terreos propiedade da Xunta, e forman parte das liñas estratéxicas do Goberno Galego no marco do Plan de Mellora Xenética Forestal que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural.

Gabinete de Comunicación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, 2009-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES