
No Hotel Finisterre ven de celebrarse unha comida-degustación do capón vilalbés organizada pola COFRADIA DO CAPÓN VILLALBÉS, preparado de moi diversos xeitos polo especialista cociñeiro do hotel que deu un magnífico recital de preparación do capón.
O capón vilalbés figurou nos aperitivos e snacks servidos previamente á comida, para logo ser progatonista de platos como "Carabineiro e capón con rissoto de xudías e ourizo de mar", "crema de pataca, vieira guisada galega e fritada de capón", "Mero ó vapor con pilpil, cigalas e caldo de capón", e "Capón asado coa súa garnición".
A Cofradía ven celebrando degustacións do capón vilalbés en diversas cidades de Galicia e na capital de España, para -coa colaboración dos máis prestixiosos restauradores- espallar o coñecemento das excelencias gastronómicas deste manxar.
Participaron no xantar Diego Calvo Pouso, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; Germán Castro Tomé, Director de Diario de Ferrol; o escritor Xavier Alcalá, Alfonso García Sanmartín, Presidente dos editores de Galicia; Alfonso Riveiro, director do periódico "De Luns a venres", o empresario Jesús Lence (De Leite Río e Leyma), Juan Calros Rodríguez e Pepe Bello de Galicia Media, a xefa de opinión de "Xornal", Lucía l. Bay, o xuiz Eduardo Fernández Cid, e Santiago González-Carro de Carro Consultores. Pola "Cofradía del Capón de Villalba" participaron os directivos Domingo Goás Chao (Presidente), Alberto Goás e Julio Rico, así como os cofrades de honra Antonio Prieto, Enrique Goás, Carlos Rodríguez, Luis Lugilde, Antonio Giz e Xulio Xiz.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.