Notas de prensa

Os profesores de idiomas terán que impartir as 18 horas semanais igual que o resto dos funcionarios da docencia

O director xeral de Educación recibiu aos 11 directores de Escolas Oficiais de Idiomas cos que conta para elaborar a nova normativa do vindeiro curso académico 2009-2010.

O director xeral de Educación, José Luis Mira comunicoulle aos directores das once Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia (EOI) que os profesores dos devanditos centros deberán impartir, no vindeiro curso, 18 horas de clases “como fan os demais ensinantes de secundaria conforme ao que se establece na Orde do 1 de setembro de 1987 pola que se adecúa a xornada de traballo dos funcionarios docentes”. Ademais, os afectados, que viñan traballando 13,5 horas á semana, terán que completar a súa xornada laboral ata 23 horas lectivas de permanencia obrigatoria nas EOI, dedicándolle unha hora a titoría dos alumnos, dúas ao departamento de idiomas e outras dúas a asignar polo director de cada centro para apoio de alumnos, atención de biblioteca, etc.

En palabras de José Luis Mira, “non se xustifican clases de 50 minutos, en lugar de 60; non se xustifica que o profesorado teña que impartir só a tres grupos durante 13,5 horas á semana; e non se xustifica que en algunhas Escolas Oficiais de Idiomas, os seus cinco cargos directivos non impartan ningunha hora de clase”. De feito, nas Comunidades Autónomas de Cataluña, Madrid, Cantabria ou Castela-León, os profesores das Escolas de Idiomas imparten 18 horas e, coas complementarias algunha delas chega ás 25 horas, co que supera a Galicia.

Nunha circular da Dirección Xeral de Educación precísase tamén que os citados profesores –que non teñen que facer gardas-, poderán impartir ensinanzas dirixidas á formación de profesorado de outros corpos, a colectivos profesionais diversos e ao público en xeral. Ademais están capacitados para impartir cursos de linguaxe administrativa e de lingua galega (CELGA).

Segundo o director xeral José Luis Mira “o obxectivo da administración educativa é potenciar o ensino de idiomas en Galicia, sobre todo no ámbito da expresión oral, no que as EOI veñen desempeñando unha importante misión. Se como consecuencia de que o profesorado teña que impartir 18 horas semanais, quedaran profesores sen horario, serán destinados a atender a demanda de formación nas EOI con carencias ou a reforzar o ensino de idiomas nos institutos de educación secundaria”.

Tras lembrarlle aos directores das EOI que o goberno anterior “autorizou nesas Escolas horarios que os cidadáns non conseguen entender facilmente”, Mira Lema explicoulles que “os profesores non son o problema, son a solución. A aplicación desta normativa permitirá contar cun número de profesores que contribuirán a mellorar as competencias en linguas estranxeiras que tanto precisan nenos e adultos do noso país”. Con isto desméntense as informacións dalgunhas organizacións sindicais que falaban de despedimentos pola aplicación real da normativa horaria á que está obrigada este profesorado.

Finalmente fíxolles partícipes do compromiso do Goberno de Núñez Feijoo de “atender as necesidades de educación e formación dos cidadáns, coa obriga de facelo mediante unha xestión eficiente a pesar dos escasos recursos existentes debido á crise que padecemos”. Neste sentido fixo un chamamento aos sindicatos para que, de modo responsable, acheguen o esforzo que lles corresponde en lugar de defender privilexios que a sociedade non aproba.

José Luis Mira comunicou tamén aos directores dos centros cos que se entrevistou, a súa disposición de contar con eles para elaborar un novo regulamento de funcionamento das EOI de cara o vindeiro curso académico.

Compre sinalar, polo demais, que dende o curso 2004-05, Escolas de Idiomas tan importantes como as de A Coruña, Ferrol ou Pontevedra baixaron a matrícula de alumnos de 4.793 a 3.816 a primeira das citadas, de 2.078 a 1.621 a segunda, e de 2.991 a 1.829 a terceira. A pesar diso o número de profesores aumentou considerablemente ata situarse nos 478 actuais. As 11 Escolas contan con 18 seccións e 27.754 alumnos oficiais e libres, que teñen a posibilidade de estudar ata 11 idiomas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos científico, tecnolóxico, empresarial e das políticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas políticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das políticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Foto de la tercera plana (medio_ambiente.jpg) Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste período foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No período 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.

Notas

A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
O proxecto de investigación RESCLIM@TIEMPO que lideran a USC e a Universidade de Granada, no marco da colaboración permanente entre os grupos SEPA-interea da Universidade de Santiago e Eva-EASI da Universidade andaluza, organizan esta semana no Campus compostelán o I Congreso Internacional sobre Respostas Educativas e Sociais á Emerxencia Climática e VI Seminario Internacional RESCLIMA ‘Estamos a tempo? De que estamos a tempo?’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES