
Máis de 5.000 persoas visitaron a vila de Muros nestes días, os hoteis e colgaron o cartel de completo e cumpríronse todos os obxectivos da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial FGCMF-, organizadora do evento. O seu presidente, Víctor Fernández, destacou a implicación e participación dos veciños de Muros e das vilas cercanas, con exemplos como o pobo de Abilleira, onde construíron unha buceta, embarcación tradicional propia da zona, especialmente para a ocasión. O obxectivo de
concienciar á xente da comarca sobre o patrimonio cultural marítimo de Galicia engadiu Fernández-, conseguiuse con creces.
Finalizados os actos, os galeones, dornas, bucetas e demáis navíos poñen rumbo cara os seus portos de orixe coa resaca de catro intensos días de navegacións, regatas, xornadas, obradoiros, teatro, música e cine, entre moitas outras actividades.
A nota emotiva protagonizouna, durante a cerimonia de clausura, a familia
do galeón El Temido, que afundiuse o pasado xoves á altura de Ribeira cando ía en rota dende Cangas do Morrazo para participar no Encontro. A FGCMF invitouna a subir ao escenario durante a entrega de premios e agasallos, levándose como recordo a ovación dos milleiros de persoas presentes.
En total, participaron neste encontro máis de 150 embarcacións e 700 tripulantes procedentes de diferentes puntos de Europa. Por elo, esta IX edición convérteuse na maior concentración de embarcacións tradicionais dos últimos tempos en Galicia, e os habitantes de Muros, como sinalou o presidente de FGCMF, poden descansar xa coa sensación do traballo ben feito.
O evento estivo organizado pola FGCMF, as asociacións Mar de Muros e Canle de Lira e o Museo do Mar de Galicia. Contou co patrocinio da Fundación Deporte Galego, o Xacobeo 2010, a dirección xeral de Comercio da consellería de Economía e Industria, a consellería do Mar, a Deputación de A Coruña, o Museo do Mar de Galicia e o concello de Muros.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.