
A Comisión de Goberno celebrada o 7 de xulio mostrou a súa satisfación polos 400.000 destinados ó Concello de Palas de Rei por parte de Fomento para o acondicionamento e mellora do Camiño de Santiago o seu paso por Palas de Rei.
O Proxecto do Concello de Palas que tras acadar tódolos informes favorables da Comisión de Patrimonio foi un dos 29 seleccionados pola Comisión Mixta do 1 por cento cultural que destina fondos para actuacións de recuperación do Patrimonio histórico.
O Concello Palense acolleuse a ley de Patrimonio Histórico de 1985 que establece axudas para que se destine a financiar proxectos de conservación e enriquecemento do Patrimonio Histórico destinado o 1% do Presuposto total das Obras do Ministerio de Fomento. A xestión que se comenzou a xestar a primeiros do 2008 parece chegar xa a bon fin. Neste senso o Alcalde Palense, o popular Fernando Pensado, entrevistarase mañan mercores con responsables da Xunta de Galicia para rematar de acadar o financiamento preciso para a execución da Obra. Cabe lembrar que o Presuposto total ronda os 536.000 dos cales o Concello Palense deberá aportar 136.000.
O rexedor Palense aprobeitará a súa visita a Santiago de Compostela para firmar varios convenios e tentar acadar da Xunta de Galicia a Financiación complementaria a este Proxecto.
Asimesmo, e según nos informa o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, en próximos días tamén se levarán a cabo xestións con responsables do IGVS para promover a Construcción de vivendas sociais en Palas de Rei.
Compre lembrar que o Concello Palense xa presentou varias iniciativas que ata o momento non se materializan en ninguna actuación. O Concello de Palas de Rei xa presentará o anterior Goberno da Xunta de Galicia unha oferta de terrenos que non tuvo resposta ata o momento por diferentes motivos.
Fernando Pensado mostraralle o Director Xeral de Vivenda, Antonio Bonet, as necesidades de Palas de Rei en materia de Vivenda Protexida.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.