Notas de prensa

Educación regulará a repetición de curso no Bacharelato

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria asinará unha Orde que regulará a promoción de curso entre 1º e 2º de bacharelato na que quedará determinado que o alumno que suspenda máis de dúas materias deberá superar novamente o curso enteiro.

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria asinará unha Orde que regulará a promoción de curso entre 1º e 2º de bacharelato na que, entre outros aspectos quedará determinado que o alumno que suspenda máis de dúas materias deberá superar novamente o curso enteiro posto que será cualificado de todas as materias. Ademáis se fixará un criterio pechado para casos excepcionais.

Coa devandita Orde cúmprese ao pe da letra a Lei Orgánica de Educación (LOU) que fora vulnerada polo decreto 1467/2007 do Ministerio, segundo se desprende da sentencia emanada o pasado 2 de febreiro polo Tribunal Supremo. Logo do fallo da citada instancia xudicial, o Ministerio de Educación convocaría a Conferencia Xeral de Educación sobre a Promoción do Bacharelato á que asistirían os Conselleiros do ramo de todo o Estado. Posteriormente, e ante a falta de acordo, celebraríase a Comisión Xeral de secretarios da que tampouco sairía un texto aceptado por todas as partes.

Diante da deixación de funcións do Ministerio, ao que competía regular a situación trala desautorización do Supremo, a Consellería de Educación decidiu traballar na elaboración dunha nova norma de aplicación en Galicia, que sexa acorde coa legalidade vixente e que supere o descontento xenerado pola inacción ministerial e o baleiro legal que viñan mantendo nos últimos meses.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-06-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES