
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, acompañada pola directora-xerente de Turgalicia, Carmen Pita Urgoiti, presentou en Santiago as campañas de publicidade que promocionarán ao longo dos meses de xuño e xullo a imaxe turÃstica de Galicia nas principais cadeas de televisión españolas, co obxecto de persuadir aos cidadáns galegos e do resto de España para que elixan a Comunidade galega como destino das súas vacacións estivais.
Estas dúas accións de promoción, que foron consensuadas co sector turÃstico galego nunha xuntanza que mantivo a secretaria xeral para o Turismo cos representantes da hostalerÃa galega o pasado 3 de xuño, van dirixidas, por un lado, aos cidadáns galegos para que lembren que Galicia é un dos mellores destinos turÃsticos españois para pasar as vacacións estivais, e por outro, á poboación do resto de España para que elixan Galicia como destino do seu tempo de lecer este verán.
Con estas dúas campañas, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da Secretaria Xeral para o Turismo e Turgalicia, tamén busca manter o posicionamento turÃstico da imaxe do Turismo de Galicia no eido español, asà como incidir na toma de decisión dos que aÃnda non teñen elixido o seu destino vacacional.
Estratexia
O obxectivo fundamental destas dúas campañas de promoción é o de chegar o máis directamente posible ao meirande número de cidadáns galegos e do resto de España con capacidade económica para viaxar, de acordo co orzamento previsto, 2.350.000 euros.
Con esta premisa, o xeito máis directo e rápido para achegarse ao público-obxectivo destas accións é a través dos medios de comunicación, en dentro destes o que conta con máis cobertura é a televisión, que se achega a máis do 90 por cento dos fogares españois.
Deste xeito, entre os dÃas 22 de xuño e 12 de xullo, nunha primeira fase, Turgalicia emitirá un spot de 30 segundos nas cadeas de televisión xeneralistas con máis audiencia de España e, paralelamente, na Televisión de Galicia e as televisións locais galegas. Existe tamén unha previsión para ampliar ao outros medios de comunicación estas accións de promoción ao longo do mes de xullo co obxectivo de incidir nos máis indecisos á hora de elixir destino turÃstico.
Creatividade
Polo que respecta á creatividade, a SecretarÃa Xeral para o Turismo e Turgalicia apostaron por manter o posicionamento turÃstico de Galicia, que segundo distintos estudos de demanda se percibe como un destino moi identificado coa natureza, a cultura e as emocións.
Ademais, nos spots que se emitirán nas televisións de máis audiencia en España inclúense elementos que distinguen ao Turismo galego do resto de España, como o Camiño de Santiago.
A pelÃcula publicitaria de 30 segundos que se emitirá nas televisións xeneralistas españolas terá como reclamo o slogam “Ven y siéntela”, mentres que o spot que se emitirá en Galicia convidará aos galegos a redescubrir e coñecer a fondo os recursos turÃsticos galegos coa pregunta final ¿coñécela?.
Plan de medios
Para cubrir os obxectivos desta campaña, cabe salientar que se emitirán máis de 700 pases dos spots nas televisións xeneralistas de Galicia e o resto de España.
Cualitativamente, máis do 40 por cento dos pases desta acción publicitaria en televisión serán emitidos en horario de máxima audiencia. Ademais, no ámbito do resto de España, arredor dun 20 por cento dos pases do spot serán posicionados, o que significa que estarán colocados estratexicamente nos bloques publicitarios nos que se emitan para chegar máis directamente ao público obxectivo do Turismo galego.
Esta creatividade e o plan de medios farán do Turismo galego un dos mellor e máis promocionados de España para a tempada estival.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.