
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia, vén de abrir o prazo de recepción de proxectos para a súa edición deste ano, que terá lugar no mes de novembro en Ourense e que prevé contar coa participación de equipos de estudantes de Secundaria de toda España.
O obxectivo principal desta iniciativa, que Tecnópole organiza desde hai catro anos co patrocinio da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas da ESO e de Bacharelato con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición durante tres días coincidindo coa celebración da Semana da Ciencia.
Ademais de facilitar o desprazamento e a estancia dos estudantes en Ourense e montar a infraestrutura da feira, Tecnópole organiza actividades paralelas para o público e para os propios expositores. Este ano, ademais da presenza xa habitual do divulgador Adolf Cortel, coas súas conferencias de ciencia divertida, haberá obradoiros relacionados coa celebración a nivel europeo do Ano Darwin, do Ano Internacional da Astronomía e do Ano da Creatividade e da Innovación.
En relación a este último, Galiciencia contará cunha sección especial que estará ocupada polos proxectos resultantes do programa TIC-TAC! Talentos da Innovación e da Creatividade, unha iniciativa na que a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) e Tecnópole colaboran para poñer en contacto a alumnos galegos de Secundaria coa experiencia do emprendemento innovador e que lles axudará a deseñar o seu propio plan de negocio con base nas súas ideas e inventos.
Bases na web
As bases de participación na Galiciencia 2009, dispoñibles na web de Tecnópole (www.tecnopole.es), contemplan un prazo de recepción de proxectos aberto ata o 25 de outubro deste ano. O requisito fundamental é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa sexan proxectos experimentais e tecnolóxicos ou traballos documentais.
A intención dos promotores da feira é seguir aumentando, como veu ocorrendo nas edicións anteriores, o número de visitantes, que en 2008 superou os 2700, entre escolares en viaxes organizadas desde centros de toda Galicia e o público que acudiu por libre.
Os cen estudantes de Secundaria que participaron como expositores na anterior edición defenderon un total 34 proxectos orientados a propoñer solucións para necesidades moi presentes na vida cotiá.
Os proxectos expostos na Galiciencia serán sometidos á votación dos visitantes e dun xurado formado por emprendedores da Tecnópole, que elixirán os mellores para outorgarlles o primeiro e o segundo premio da feira. O proxecto gañador en 2008 consistía nun bioedificio, capaz de autoabastecerse a través das enerxías renovables. O segundo galardón recaeu nun sistema de obtención de enerxía eléctrica a partir do movemento dun ascensor.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.