A asociación ecopacifista Verdegaia entrega os seus Premios Semente e Cemento 2009 o Sábado 6 de Xuño nun xantar en Santiago de Compostela. Os galardóns á mellor e pior actuación ambiental do ano, distinguirán nesta ocasión á asociación para o desenvolvimento rural sustentábel O Grelo Verde (na parte positiva) e á alcaldesa de Cangas, Clara Millán (na negativa).
Verdegaia entregará o vindeiro Sábado 6 de Xuño, co gallo do Día Mundial do Ambiente (5 de Xuño), os seus Premios Semente e Cemento á mellor e pior actuación ambiental do ano. Será no transcurso dun xantar que se celebrará na Troita Armada (Federación Itaca), Rúa do Pombal 18 (Santiago de Compostela).
Nesta o casión o Premio Semente será entregado á asociación para o desenvolvimento rural sustentábel O Grelo Verde, polo seu traballo de divulgación e construción de alternativas para avanzar na sustentabilidade e facer posíbel un medio rural vivo. Deste traballo cumpre salientar o labor centrado no apoio a comedores escolares ecolóxicos, un magnífico exemplo práctico de combinación de educación ambiental, alimentación saudábel e sustentábel, produción e consumo responsábeis e construción de soberanía alimentar.
Por outra banda, o Premio Cemento foi outorgado a Clara Millán, alcaldesa de Cangas, que chegou ao goberno municipal opóndose ao Proxecto Massó (da promotora Marina Atlántica e financiado por CaixaNova) e agora non é quen de paralisar as obras do porto deportivo do Salgueirón, cun grave impacto ambiental e social.
Os Premios Semente e Cemento de Verdegaia eran entregados antes a fin de ano, mais en 2008 decidiuse mudar a data para a facer coincidir co Día Mundial do Ambiente. En 2007 os Premios Semente e Cemento foron outorgados á Plataforma Viciñal Cruceiro de Meá (pola súa decidida actuación contra a instalación da planta regasificadora de REGANOSA na Ría de Ferrol) e ao Consello da Xunta de Galicia, personificado nos Conselleiros de Industria (Fernando Blanco) e Ambiente (Pachi Vázquez) pola autorización administrativa á canteira A Campa, de Cupire-Padesa, ubicada no Courel. En 2006 os premios de Verdegaia foron ao Foro Social de Cangas e a Brenntag Iberia.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.