Notas de prensa

A USC afianza o liderado en investigación no ano 2008

A institución compostelá atópase entre as universidades españolas cunha maior calidade investigadora A Universidade de Santiago captou durante o pasado ano 2008 un total de 68,40 millóns de euros de recursos externos para o desenvolvemento de actividade de I+D+i.

A Universidade de Santiago afianza a súa posición de liderado investigador en España. A institución compostelá atópase entre as universidades españolas cunha maior calidade investigadora. A Universidade de Santiago captou durante o pasado ano 2008 un total de 68,40 millóns de euros de recursos externos para o desenvolvemento de actividade de I+D+i. Esta cifra inclúe os recursos captados de proxectos e accións competitivas tanto do ámbito europeo, como do estatal e autonómico, así como os proxectos e accións baixo contrato con administracións, empresas e entidades e os servizos técnicos e asesorías. Tamén estarían incluídas as accións institucionais e as convocatorias competitivas de recursos humanos de I +D.

O dato presentouno o reitor da USC, Senén Barro, no transcurso dunha rolda de prensa na que, acompañado da vicerreitora de Investigación, María José Alonso, deu conta dalgúns dos principais indicadores da actividade investigadora da USC durante o pasado ano. à presentación acudiron ademais o coordinador de Xestión e Promoción da Investigación, Francisco Javier Sardina; a directora de xestión da Investigación, Sonia Martínez Arca; e o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Jesús A. Casabiell. Barro subliñou na presentación o recoñecemento acadado pola actividade investigadora na institución compostelá, “máis alá das cifras puras”, xa que a Universidade de Santiago atópase entre as primeiras do Estado por capacidade investigadora. Concretamente o Informe 2008 da Fundación CyD a sitúa como a segunda universidade española cunha maior calidade neste eido. A magnitude da actividade investigadora da USC e a súa capacidade de atracción cara o entorno descansa en boa medida, segundo puxo de manifesto Barro, no seu capital humano “máis de 1.800 investigadores activos en proxectos de I+D e máis de mil bolseiros e contratados”.

Neste capítulo, e á vista dos resultados acadados nos últimos tres anos, Barro mostrouse satisfeito xa que a Universidade compostelá mostra un crecente atractivo no capítulo de captación de persoal en programas de investigación. Entre 2006 e 2008, o número de contratados en convocatorias nacionais pasou de 64 a 85, con semellante evolución nas autonómicas onde dos 77 contratados se chega en 2008 a 105.

Produción científica No apartado específico da produción científica as grandes cifras ofrecidas referíronse a 2007, se ben os principais indicadores mostran estabilidade neste senso. Así, o número de artigos en revistas atópase entre os 1652 de 2005 e os 1643 do ano 2007. Non obstante a tendencia é á alza no caso dos artigos en revistas JCR, pasando de 1.103 a 1.225, e no das teses de doutoramento defendidas, 204 en 2005 e 208 xa en 2007. Ãreas de gran competitividade As áreas que concentraron durante 2008 unha maior capacidade de atracción en convocatorias competitivas para proxectos do Plan Nacional foron as de Física de Partículas, Ciencias e Tecnoloxías Químicas e Matemáticas ao captar preto de catro millóns de euros. Xa na comunidade autónoma, os programas que máis recursos lle reportaron á USC foron o Xeral de Investigación (3,0 millóns de euros), Biomedicina e Ciencias da Saúde (0,9 millóns) e Medio Rural (0,55 millóns). Completando o abano de recursos procedentes de convocatorias competitivas, a USC xestionou no pasado curso 4,1 millóns de euros procedentes do VII Programa Marco da Unión Europea, repartidos en 21 actividades, das que unha foi coordinada directamente pola institución académica compostelá. Barro remarcou o avance experimentado neste apartado xa que en apenas dous anos captouse cifras similares ás rexistradas no VI Programa Marco, que se estendeu entre 2002 e 2006. Polo que respecta á captación de recursos externos non competitivos por campo de actividade, tanto atendendo ao número de contratos subscritos como ao seu importe, durante 2008 destaca a actividade desenvolvida nos eidos da saúde, medio ambiente e estudos sociais. Patentes Dous son os informes sobre a actividade investigadora en España, o das Rede OTRI e o CyD 2008, que ratifican a boa disposición da USC na transferencia de resultados da investigación, concretamente no capítulo das patentes nos últimos anos. Segundos estes documentos, a de Santiago atópase entre o 6º e o 7º posto en canto a solicitudes de patentes e no 4º atendendo ás solicitudes de extensión internacional. Segundo puxo de manifesto Barro, no pasado ano a USC tramitou 35 comunicacións de invención e 24 solicitudes de patentes. Nese mesmo ano, a carteira activa de casos de patentes ascendía a 176, con 32 casos activos que inclúen patentes internacionais. Xunto ás patentes, a transferencia de tecnoloxía ao contorno social tivo no programa de creación de empresas de Uniemprende outra destacada ferramenta. A universidade compostelá creou entre os anos 2003 e 2008 unha media anual de entre tres e catro empresas baseadas no coñecemento. Biotecnoloxía, materiais e química son os ámbitos temáticos que concentran unha maior actividade neste senso, cun destacado incremento da participación de proxectos co seu orixe nas ciencias sociais e as humanidades. Neste senso, Barro lembrou que no cuarto trimestre deste ano estará operativo o novo edificio Nexus, concibido como unha nova estrutura de apoio ao emprendemento e á transferencia de resultados. O Nexus terá como cometido central a incubación de proxectos empresariais, albergando unidades de I+D empresariais e proxectos de maduración de resultados.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2009-06-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES