
A parroquia de Merlán celebra festas está fin de semana na honra a Santa Petronila, unha santa moi querida nesa zona. O sábado día 6 de xuño habrá misa solemne á 13:00horas, procesión (donde os veciños sacán a Santa petroníla, o San Salvador, e a Virxe nun recorrido ó redor da igrexia de Merlán) sesión vermú e verbena coa orquesta Odeon, mentres que o domingo día 7 de xuño habrá misa solemne á 13:00horas, procesión e sesión vermú e verbena coa orquesta Superfama. Merlán que un ano máis honra a Santa Petronila gracias o esforzó da Comisión de Festas integrada por unha persoa Jesús Taboada Vázquez, veciño de Mérlan de 39 anos, que non cesou no seu empeño de que non se perderá o que considerá unha tradición popular como son estes festexos patronais apesares da situación crise económica pola que pasa o país. Para a financiación destes festexos contase coa colaboración do Concello de Palas de Rei así como tamén por outra parte coa axuda das 45 casas de vecinos que conforman esta parroquia quenes fan unha aportación que oscila entre os 70 e os 150 en función das súas economías domésticas.
Tamén en breve celebraránse as Festas en Vilar de Donas, en concreto os días 12 e 13 de xuño na honra o san Antonio, así como na parroquia de lestedo en Palas de Rei os días 25 e 26 de xulio na honra o Santiago Apostol (lestedo é unha parroquia de 35 habitantes con cuotas de entre 150 a 200, José Antonio Penas e o encargado de organizar as Festas de Lestedo, tras varios anos sinse organizar).
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.