Notas de prensa

Revólver abre as Festas de Verán 2009 de Ferrol

Vetusta Morla, Melendi, Nena Daconte, Violadores del Verso e Revólver, no cartel das Festas de Verán 2009. Todos os concertos do verán serán gratuítos, agás Melendi, para o que se fixará unha entrada asequible, según aseguraron fontes municipais durante a presentación do programa.

Vetusta Morla, Revólver, Nena Daconte, Melendi, Fuxan os Ventos, Orquesta Olympus, Som do Galpom, Violadores del Verso, Aló Djangó, festivais de rondallas... son algunhas das propostas incluídas no programa de Festas de Verán do Concello de Ferrol que presentaban o alcalde, Vicente Irisarri, e a concelleira de área, Beatriz Sestayo. Unha oferta que por primeira vez nace da participación cidadá, xa que se elaborou en base ás peticións e suxestións que os cidadáns e cidadás fixeron chegar á institución local a través dun correo electrónico habilitado ao efecto e tamén de xeito presencial. Preto de 800 persoas enviaron durante semanas os seus e-mails, e outras moitas remitiron as súas cartas ou achegaron as súas propostas no Edificio Social e no Concello para configurar o programa que hoxe se daba a coñecer publicamente, coa suficiente antelación para poder publicitalo convenientemente de modo que tanto os ferroláns como a xente de fóra inclúa as propostas nas súas axendas de verán. En todo caso, o alcalde destacou que se trata dunhas Festas de Verán plurais, orientadas a todos os gustos e idades, onde os auténticos protagonistas son os cidadáns e as cidadás.

Vicente Irisarri destacaba tamén a capacidade de xestión da concelleira e do equipo do departamento municipal para configurar un cartel de calidade coa limitación de recursos e necesaria austeridade nun momento de crise. Nesta liña, Beatriz Sestayo indicaba que o orzamento se sitúa nos 278.000 euros, unha cifra moi inferior á do ano pasado, pero que se soubo contrarrestar intensificando as negociacións. Lembrou tamén neste senso que o Concello decidía abrir un proceso de contratación ao que concurriron varias productoras de espectáculos, así como que a Comisión de Festas -na que están representados comerciantes, hosteleiros, veciños e Concello- aprobara por unanimidade a programación tras analizar as propostas presentadas.

Deste xeito, as Festas de Verán se concentrarán, como no 2008, entre o 21 e o 31 de agosto. Todos os días Ferrol contará con espectáculos a pé de rúa, con teatro de títeres, shows circenses, maxia... actividades pensadas especialmente para os máis pequenos da casa. En canto ás actuacións, se irán rotando entre prazas. Principalmente Armas e Amboage e, dependendo da evolución da actuación prevista na praza de España, se incluirá como esceario. Outro dato salientable é que a entrada a cada un dos concertos e festivais será gratuíta, coa excepción de Melendi (o día 24 de agosto, Parque Raíña Sofía). Neste caso, Beatriz Sestayo apuntou que se está a negociar un prezo módico, asequible para o cidadán que, en ningún caso, excederá os 15 euros.

E, por orde, sinalou que o día 21 de agosto, por aclamación popular, chegará Revólver. A banda de Carlos Goñi se sitou entre as principais preferencias dos cidadáns e cidadás que enviaron os seus e-mails ao Concello e, de feito, se mantivo no primeiro posto do ránking ata as últimas semanas, cando foi desbancado por Violadores do Verso, un grupo de hip-hop que actuará ao día seguinte e que conta cun público moi fiel. O día 23 estará reservado para a actuación de grupos locais, aqueles que se presenten ao concurso de maquetas aberto polo Concello baixo a denominación de Sons de Ferrol. Tras o dito concerto de Melendi, a cidade acollerá o espectáculo de Fuxan os Ventos, incluído á súa vez na programación do Xacobeo. A orquesta Olympus, unha das peticións máis reiteradas entre a cidadanía, ofrecerá o seu mellor repertorio o día 26. A banda de pop Nena Daconte se subirá ao escenario o 27, namentras que o grupo galego Som do Galpom, que se sitou nos primeiros dez postos do ránking cidadán, fará o propio o día 28. O rock indie de Vetusta Morla soará na cidade o día 29, para dar paso a Aló Djangó o 30. Os fogos de artificio e un festival de rondallas, que o Concello recupera tras anos no esquecemento, porán o punto e final ás Festas de Verán.

Ao marxe destas, Beatriz Sestayo avanzou que se están a pechar algunhas actuacións a maiores, así como que a Feira Medieval se celebrará a principios do mes de agosto e que o Día da Xuventude e o Día da Solidariedade serán dúas datas para as que o Concello disporá programación propia.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2009-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES