
A Delegada Provincial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez; o Concelleiro de Ribadeo e exVicepresidente da Deputación, José Carlos Rodríguez Andina e o industrial lucense José Luis Otero Feijoo, foron investidos novos Cofrades de Honra pola Cofradía del Capón de Villalba, nun xantar celebrado días pasados no Restaurante Casa María da capital lucense.
Neste xantar participaron, ademáis dos homenaxeados, o Director de área de Caixa Galicia, Walter Álvarez; o Director de Begasa, Luis García Santalla; o Director do Gran Hotel Lugo, Francisco Vilas; o Director de Laboratorios Nupel, Jorge Dorribo; o Director de informática
do Xeral Calde, José M. Ramiro; José Carreira, redactor de La Voz de Galicia; Alberto Abuín, de Funespaña; Fidel Fernández, de Tefer; e Félix Jorquera, Director do periódico Terra Chá, Xa!, ademáis de persoal directivo de Galicia Digital e a xunta directiva da Confraría, da que é presidente o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao.
Fotografías: Carlos Rodríguez (imposición dos atributos de cofrades de honra ós tres homenaxeados)
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.