
A Secretaría Xeral para o Turismo, dirixida por Carmen Pardo López, comezou un procedemento de recollida de información a través dunha consulta escrita sobre as deficiencias e necesidades de mellora das infraestruturas xacobeas. O obxectivo desta consulta, dirixida aos hostaleiros do Camiño, a través das Asociacións de Hostalería; aos concellos polos que discorren as rutas xacobeas; e mais ás Asociacións de Amigos dos Camiños de Santiago; é a elaboración dun plan corrector das deficiencias e necesidades que presentan as Rutas Xacobeas.
A Consellería de Cultura e Turismo pretende así ter en conta a opinión dos sectores, organizacións e axentes sociais implicados na conservación e mellora da ruta, así como na súa difusión e promoción, de cara a establecer unha colaboración estreita e duradeira e tratar, deste xeito, de solventar as posibles carencias e déficits das infraestruturas e servizos de cara ao Ano Santo. Con todo, a medida pasa por establecer unha colaboración máis duradeira, máis aló do Xacobeo 2010 de xeito que este intercambio de información se consolide e axude a establecer unha mellora continua e a xestionar eficazmente os recursos. É por isto que os axentes consultados terán que remitir as súas suxerencias e informes antes do día 18 de xuño para que a Secretaría Xeral de Turismo elabore con estas aportacións e mais as auditorías que se encargaron un Plan Corrector de cara á súa aplicación no último semestre do ano. Con esta medida preténdese corrixir as deficiencias e incrementar a calidade do servizo aos peregrinos, tanto nos albergues como nos aloxamentos privados e aumentar con isto o grao de satisfacción dos que nos visitan.
Plan Corrector dos Camiños de Santiago
Os concellos polos que pasan os Camiños de Santiago, os hostaleiros a través dos seus entes asociativos- que posúen negocios de aloxamento ou restauración ao longo das vías xacobeas, e mais os integrantes das Asociacións de Amigos dos Camiños de Santiago que realizan unha importante labor de promoción e conservación das rutas poderán comunicar ao xestor administrativo competente as súas inquedanzas e observacións relacionadas cos albergues, os servizos, o patrimonio arquitectónico ou natural, as rutas, a sinalización ou os servizos. Así mesmo, propónselles aos axentes consultados que aporten as solucións que consideren convenientes aos problemas que plantexan. Toda a información recompilada utilizarase na elaboración dun documento de ruta para a rehabilitación, conservación e difusión do patrimonio xacobeo que se materializará nun Plan Corrector. Está previsto que o devandito plan se execute no último semestre deste ano.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.