
Na primeira delas, celebrada o vintecatro de abril participaron o Secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro e o parlamentario Agustín Baamonde Díaz; os alcaldes de Begonte (José Antonio Vázquez), Rábade (Francisco Fernández Montes), Abadín (José María López Rancaño) e Taboada (José Jesús Ramos Ledo), o deputado de Cultura da Deputación Provincial de Lugo (Antón Veiga), o Director de zona de Caixavigo (Jesús Fernández Vidal), os membros da directiva da Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Lugo Angel Trabada (Presidente) e Emma Sánchez Vila, e o Director da Fundación da Construcción, Eugenio Corral Álvarez.
No segundo destes xantares de degustación, o pasado oito de maio, participaron o Alcalde de Cospeito e Senador, Armando Castosa, o concelleiro de Ribadeo, Xosé Carlos Rodríguez Andina; Justo Jorge, Director de Policlínico Lucense (Polusa), o Concesionario de Rover-Jaguar, Domingo J. Trigo Pérez (Piño Trigo), o Director de Bankinter en Lugo, Jorge Rodríguez, a Presidenta de Asfem, Pilar Iglesias Osorio; o Director de Radio Popular de Lugo, Arturo Cerviño; o radiofonista e escritor Marcial González Vigo e o arquitecto Oscar López Alba. Nas dúas xuntanzas participaron directivos de Interdix Galicia, empresa promotora da plataforma en internet Galicia Digital, da que Domingo Goás é Presidente do Consello de Administración.
En ambas degustacións, Mesón de Alberto serviu capón cociñado ó estilo tradicional vilalbés, e tamén segundo a receta do seu cociñeiro Jorge García. Os participantes nos xantares do capón entran a formar parte de facto da Cofradía del Capón de Villalba, que ten xa máis dun cento de cofrades admiradores do sabor e calidade do capón vilalbés, ata agora un prato tipicamente navideño que gracias ó labor promocional da Cofradía- mantén a súa actualidade e vixencia ó longo de todo o ano.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.