Notas de prensa

O stand Lugo Terra promociona turísticamente a provincia na Feira de Bilbao

A Deputación Provincial de Lugo promociona a provincia a través do stand Lugo Terra co que viaxa á Feira de Turismo de Bilbao que se celebra entre o 7 e o 10 de maio no Bilbao Exhibition Centre ao que asisten 15 comunidades.

A deputada nacionalista e responsable da área de turismo, Mª Xosé Vega Buján, viaxa ata Bilbao para participar na feira Expovacaciones e avaliar a marcha da mesma.

A 30 edición da feira celebrarase do 7 ao 10 de maio no Bilbao Exhibition Centre (BEC), coa participación de 15 comunidades autónomas e 18 países, con Croacia como invitado de honor. Tamén estarán presentes axencias de viaxes, maioristas e xestores de viaxes, hoteis, apartamentos, compañías de transporte e empresas de diversas modalidades de turismo como rural, urbano, activo y deportivo. En total este ano a feira incrementa os seus expositores pasando de 752 en 2008 a 767.

Xunto a Expovaciones celebrarase a 35 edición de Expoconsumo, o concurso de deseño de moda Creamoda, a pasarela de peluquería e estética Creaimagen e a segunda edición de Expovino Bilbao.
O departamento de turismo da Deputación de Lugo inviste nesta feira un total de 20.000 €, repartidos entre o transporte do stand, o servizo de atención ao público e a reserva de espazo, consistindo este último nunha illa de 4 caras.

O stand Lugo Terra foi unha iniciativa de Vega Buján á súa chegada ao ente provincial como o instrumento de promoción e información da Provincia de Lugo nas diversas feiras turísticas ou gastronómicas ás que acode a Deputación, recibindo incluso premios nas feiras de Silleda, Vigo e Lugo.

Segundo Mª Xosé Vega Buján “a feira de Bilbao é unha oportunidade para promocionar a provincia de Lugo dentro do turismo interior da península e no marco dunha exposición con anos de experiencia e profesionalidade no sector, nunha terra afín a nosa como é o País Vasco, dende a cal recibimos moitos visitantes ano tras ano, interesados en tódolos rincóns de cada unha das zonas turísticas de Lugo”.

Este stand promociona tamén a marca “E, para comer, Lugo…” segundo se acordou na comisión de goberno do 24 de abril segundo a cal as áreas da Deputación utilizarán esta marca en todos os eventos que impulsen. A marca está impulsada por a Asiciación Provincial de Hostaleiros, relacionando grastronomía de calidade con Lugo.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2009-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES