O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ordenou a realización dunha auditoría medioambiental a Sogama para coñecer a situación da planta. Esta decisión ten como obxectivo que a actual Consellería dispoña dunha diagnose real para a toma de decisións.
Por outra banda, e ante a gravidade das diferentes denuncias e procesos abertos en relación co complexo, o conselleiro considera necesario a elaboración dun documento técnico que permita coñecer o verdadeiro alcance desas posibles irregularidades e, no caso de que se comproben, tomar as medidas correctoras necesarias.
A auditoría encargarase a unha empresa externa, que desenvolverá o seu traballo en varias fases. Por unha banda identificaranse e avaliaranse os diversos aspectos ambientais plantexados para, seguidamente, abordar aspectos legais e administrativos. Tamén se estudará a adecuación á normativa vixente, tomando como referencia as normas ISO.
O obxectivo da Consellería é dispoñer do dictame da auditoría nun prazo de tres meses.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.