Notas de prensa

Comeza a elaboración do Plano Estratéxico da USC: Horizonte 2015

O documento inicial, elaborado polo equipo de goberno, foi presentado aos distintos colectivos universitarios. O reitor explicou que é un instrumento útil para guiar accións que permitan definir o modelo de universidade e o sistema de financiamento que da USC.

Un encontro do equipo de goberno da USC encabezado polo reitor Senén Barro con responsables de escolas e facultades e cos directores de Departamento, centros e institutos de investigación abriu no Centro de Estudos Avanzados a quenda de presentacións do documento inicial do Plano Estratéxico da USC, comezando así a segunda fase da súa elaboración.

Este Plan, segundo expuxo Barro, é un instrumento útil para guiar accións e sumar esforzos que permitan “definir o modelo de universidade que queremos e xa que logo tamén o sistema de financiamento que debe ter a USC”, sen esquecer, engadiu o reitor, a súa utilidade para o diálogo e a interlocución coas outras institucións. Na súa elaboración, están chamados a participar os distintos colectivos da USC porque é un plan de todos e para todos”, aunando esforzos de cada responsable académico e de cada sector que integra a institucións, “e tendo a transparencia como guía para que toda a sociedade o recoñeza e o acepte”. Segundo o proceso aprobado polo Consello de Goberno para a elaboración deste documento, o proxecto inicialmente elaborado polo equipo de goberno deberá agora someterse ao debate e concreción por parte dos distintos colectivos que integran a comunidade universitaria.

Deste xeito o próximo encontro será cos responsables dos equipos de xestión do Persoal de Administración e Servizos (PAS) para continuar coa presentación aos representantes sindicais do PAS e do Persoal Docente e Investigador, e aos representantes de estudantes en Claustro e Consello de Goberno. O proceso completo de planificación estratéxica da USC contempla a elaboración e a aprobación do Plan Estratéxico Horizonte 2015 ao longo do presente ano 2009, atendendo a catro etapas diferenciadas.

O documento inicial representa o primeiro paso e é o resultado dun debate de ideas “profundo, rico e plural” que busca definir a estratexia institucional da USC para os próximo seis anos. O equipo de goberno foi o encargado da súa elaboración a través dun primeiro diagnóstico da situación da USC e da identificación das propostas estratéxicas estruturadas por ámbitos, eixos e liñas de actuación.A xuntanza celebrada no CEA correspóndese coa segunda etapa, de debate e concreción do contido, e ten como misión traballar con cada colectivo a visión global e integrada de todos os ámbitos e liñas futuras de actuación da USC.

O proceso realizarase en sesións de traballo integradas por colectivos específicos da comunidade universitaria. Finalizada esta fase de debate, os relatores de cada ámbito de actuación do Plan e os coordinadores de cada grupo realizarán unha posta en común das conclusións conseguidas que se integrarán nun documento único como proposta provisional de Plan Estratéxico. A seguinte etapa será a de exposición pública, no ámbito propiamente universitario a través da Intranet da Universidade e aberta aos comentarios e suxestións dos universitarios, e simultaneamente por medio da presentación aos axentes externos á Universidade, con especial atención aos axentes de tipo social, cultural, profesional, económico e territorial, nun proceso liderado polo Consello Social.

Finalizado o proceso, a Vicerreitoría de Calidade e Planificación realizará unha proposta de integración das achegas recibidas nun documento único que se presentará ao Consello de Goberno. O proceso pecharase coa aprobación do Plan, correspondéndolle esta responsabilidade ao Claustro Universitario.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2009-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES